Saltar navegación.


Presentación   |   Horarios   |   Oferta educativa   |   Secretaría   |   Contacto

Carta á comunidade educativa en relación coa situación Covid-19 no centro

Queridas familias e persoas que formamos parte da comunidade educativa de Centieiras:

Nestes tempos tan difíciles nos que debemos coidarnos e ser responsables, dende o equipo directivo agradecemos a labor que están a facer todas e cada una das persoas que forman parte desta comunidade educativa.  Sendo responsables, respectando as medidas e cortando os contactos que se poidan traducir en contaxio é o único que podemos facer agora mesmo para evitar a transmisión do virus.

Debemos pensar no centro como nunha familia, xa que durante moitas horas do día estamos no mesmo edificio compartindo experiencias, coñecementos, inquedanzas e moitos sorrisos detrás dun tapabocas. Todo isto con distancia, moita limpeza e as ventás sempre abertas para que cando vaiamos para casa non sexamos ningún risco para nós nin para as persoas que queremos.

Pero independentemente das medidas que tomemos, o virus está aquí e temos que ser doblemente responsables: coidarnos e non expoñernos en situacións nas que poidamos ser contaxiados ou contaxiar a alguén tanto dentro como fóra do centro.  Reunións familiares, clases particulares sen distancia, xogos no parque cos columpios, quedadas de fin de semana cos amigos/as… Dende o inicio de curso ata agora tivemos un certo relaxamento das medidas fóra do centro, que si ben todos e todas necesitabamos, non debemos continuar a facer.

Actualmente temos no centro tres casos positivos, unha aula confinada de forma preventiva, una mestra e varios alumnos e alumnas confinados espallados polo centro. Queremos dicir que Centieiras é un espazo seguro. E soamente pode selo se todos e todas somos conscientes das medidas que debemos cumprir tanto dentro como fóra do centro.

Unha aperta moi grande e todo o ánimo do mundo,

 

Iria González Grande

Directora CEIP Plurilingüe de Centieiras