Saltar navegación.


Presentación   |   Horarios   |   Oferta educativa   |   Secretaría   |   Contacto

Madrugadores: Horarios

HORARIO:   
  • O servizo de madrugadores comezará o primeiro día lectivo e rematará o penúltimo día lectivo do curso (día da Festa de Convivencia). Para utilizar o servizo o primeiro día lectivo de curso hai que avisar enviando un correo á ANPA atendendo ás instruccións que se darán a finais de xuño mediante circular.
  • O horario de madrugadores será desde as 7:45 ata as 9:00 horas. O conserxe abrirá o centro pola zona do aparcadoiro ás 7:45 horas.
  • Non se permitirán entradas escalonadas. Haberá dúas quendas de entrada:         
    • 1ª quenda:  ás 7:45 a monitora recollerá aos nenos e nenas na porta principal do patio cuberto e levaraos ata o comedor para darlles o almorzo.                                                                                    
    • 2ª quenda:  os nenos e nenas que veñan almorzados, entrarán ás 8:30 horas e  terán que ser acompañados por unha persoa adulta ata o comedor.
    • Ata que entreguen as nenas e os nenos á coidadora, a responsabilidade deles será das nais, pais, titoras ou titores. A monitora será responsable deles dende o momento que os recolla ata as 9:00 horas.