Saltar navegación.


Presentación   |   Horarios   |   Oferta educativa   |   Secretaría   |   Contacto

Comedor: Información xeral

NORMAS DE FUNCIONAMENTO:    
  • Hai que cumprimentar unha ficha cos datos persoais (unha soa vez); referindo calquera alerxia que padezan, teléfonos (preferentemente móbiles), correo electrónico.... Estas fichas estarán no local da Anpa. No caso de calqueira modificación dos datos facilitados deberá notificalo á maior brevidade posible. 
  • servizo de comedor poderá utilizarse todos os días, días/semanas alternas ou días soltos. Distinguíndose así os: usuarios fixos continuos (todos os días, ou fixos de 4 días á semana), usuarios fixos descontinuos (fixos 1,2 ou 3 días á semana; semanas alternas) e usuarios temporais (días soltos).
  • Os usuarios fixos (continuos e descontinuos) terán que cubrir un formulario indicando os días nos que os/-as alumnos/-as se quedarán a comer. Estes impresos estarán no local da Anpa. Unha vez cumprimentados gardaranse na carpeta "RESUME ASISTENCIAS MENSUAIS".
  • Ocambios de última hora, tanto baixas como altas, comunicaranse á hora de entrada, e antes das 9:30 horas do día de que se trate: persoalmente no local da Anpa; mediante correo electrónico: anpa.centieiras@gmail.com; ou ben, se isto non fora posible, chamando por teléfono ao centro (881 93 01 34) sempre antes das 9:30.
  • As actividades que se realicen nos servizos serán adaptados as súas idades e serán de carácter lúdico.

         MENÚS: 

  • Os menús cámbianse mensualmente. Haberá unha copia exposta permanentemente no taboleiro de novas, no blogue da ANPA, no comedor, e outras a disposición dos interesados no local da ANPA. 

        INTOLERANCIAS E ALERXIAS:  

  • Todas as persoas usuarias do servizo de comedor con algún tipo de intolerancia ou alerxia alimentaria deben cumprimentar un impreso que solicita o servizo de catering (presentarase cunha certificación médica para cada caso). 

         HIXIENE:

  • As nenas e os nenos lavarán as mans antes de comer e ao remate lavarán os dentes. A estes efectos, o primeiro día que acudan, deberán traer un vaso, un cepillo e a súa pasta de dentes (todo marcado co seu nome), estes utensilios poderán quedar no local do comedor. No caso do alumnado de educación infantil, para evitar que se manchen, deberán traer mandilón ou babeiro marcado co seu nome. O venres levarán este mandilón ou babeiro para a casa a lavar.  

        PREZOS:

  • O prezo é por persoa e día. Hai un desconto do 50% para irmáns.
  • Asociados FIXOS CONTINUOS (considéranse ás persoas que fan uso do comedor 4 ou 5 días/semana: 5,30 € (Irmáns: 2,65 €)
  • Asociados FIXOS DISCONTINUOS (considéranse ás persoas que fan uso do comedor menos de 3 días/semana ou menos e semanas alternas): 5,70 € (Irmáns: 2,85 €)
  • Asociados TEMPORAIS: 6,30 € (Irmáns: 3,15 €)
  • NON ASOCIADOS: 7,30 € (Irmáns: 3,65 €)
         FORMA DE PAGAMENTO:  

  • Pagarase mensualmente a primeira semana de cada mes vencido (agás o mes de xuño que se pagará antes do último día de curso),  mediante transferencia bancaria, para o cal deberán facilitar á ANPA un correo electrónico para nos últimos días do mes, informarlles do importe da débeda.

         SUBVENCIÓNS:

  • As familias con poucos recursos económicos poden dirixirse aos Servizos Sociais do Concello de Fene para informarse das axudas existentes.

         USUARIOS:

  • Poderán usar o servizo de comedor e madrugadores as alumnas, os alumnos ou beneficiarios do CEIP Plurilungüe de Centieiras. Entendéndose como persoa beneficiaria aqueles menores de educación primaria e secundaria que formen parte da unidade familiar da persoa asociada do centro.