Saltar navegación.


Presentación   |   Horarios   |   Oferta educativa   |   Secretaría   |   Contacto

UN MAR DE PALABRAS

En 3 anos os talleres desta semana adicámolos a facer diversas manualidades para afianzar o recoñezemento da letra A. Moitas grazas ás familias de Thais e Roque.

Na aula de 4 anos incorporamos unha tablet, que sempre son benvidas entre os nenos e nenas, para incidir na direccionalidade e grafomotricidade de cada letra. Tamén xogamos á oca nun tableiro do abecedario onde tiñamos que dicir a letra que correspondía á casilla que nos tocaba e unha palabra que comezara por esa mesma letra. Ademais, seguimos traballando as profesións noutro dos equipos incidindo na letra pola que empezaba cada palabra e asociando as imaxes que correspondían coa mesma. Finalmente, enchimos tarros con galletas pegando enriba de cada imaxe a galleta coa inicial correspondente a cada palabra. Moitas grazas a Rosa e a Vanesa pola vosa implicación na nosa aula!!!!

Unha das  propostas  que fixemos na aula de 5 anos esta semana no obradoiro UN MAR DE PALABRAS foi a de entrevistarse de dous en dous sobre os seus gustos e preferencias; polo que tiñan que ler a pregunta e recoller por escrito a  contestación.  Ordearon palabras que estaban tolas e escribíronnas correctamente  e tamén realizaron as grafías das letras en sal (actividade que pediron repetir). Por outra banda debuxaron monstruos e etiquetáronnos cos seus nomes, con escritura en maiúsculas  e minúsculas.

A avaliación sempre é positiva e nesta ocasión moi variada e gustáronlle todas as propostas.

 

Grazas a Paula, Darío e Lucía por axudarnos.