Saltar navegación.


Presentación   |   Horarios   |   Oferta educativa   |   Secretaría   |   Contacto

COIDADO DAS PLANTAS DO MES DE MAIO

Entrado o mes de maio chegamos ao remate do programa COIDAMOS AS PLANTAS.

Na aula de 6º de infantil rematan a proposta coas plantas de Irene e Martín, os cales trouxeron, nesta ocasión, unha "Samsiveira" e a "Cinta ou Mala madre".

As dúas teñen unha historia familiar  moi bonita e  coidarémolas como se merecen todas as plantas. Ademais como son orixinarias de África deron pé a buscar a súa situación xeográfica  que tanto lles interesa sempre saber.

Séntense moi afortunados e ledos cando lles chega a súa quenda e iso

vese nas súas olladas.

En 5º de infantil poñen fin á proposta con dúas plantas ben fermosas traídas por Mateo Vizoso e Martín.

O seu nome son “kalanchoe” e “coleo”. Cada unha delas viña acompañada de toda a información necesaria para o seu coidado.

Esta proposta parécenos moi interesante, pois fainos conscientes e

partícipes do coidado do noso medio, algo tremendamente importante a

inclulcar nestas idades.

Na clase de 4º de infantil este mes tocoulle a Aitana amosarnos a súa

planta; un fermoso caravel ao que lle encanta o sol.

 

Grazas a todas as familias por participar!!!