Saltar navegación.


Presentación   |   Horarios   |   Oferta educativa   |   Secretaría   |   Contacto

FIN DO PROXECTO: VAMOS AO POLO NORTE?

A nosa aula parecía un museo con tantos elementos do tema e, ademais, xuntamos moita información entre a que buscamos e a que aportaron as familias.

Foi un proxecto  moi interactivo, con iglú, construcións de INUKSHUKS,

roupa, neve artificial, icebergs...

Ao longo deste tempo descubrimos que era iso do quentamento global, a través dalgún vídeo, imaxes, tarxetas, poesías e explicacións. O alumnado estaba moi triste polo perigo que tiña oso polar  e así foi como xurdiu a idea de axudar dende a nosa aula dalgún xeito. E despois da celebración dunha asemblea  decidimos elaborar un folleto de difusión para salvar o Polo Norte e repartir polo cole e nas nosas casas. E así  o fixemos xuntando os debuxos e os textos  que elaboraron.

Nalgunhas clases explicaron,  o mellor que sabían, o que estaba pasando no Polo Norte, pois estaban moi concienciados dos perigos e no que podían colaborar dende a súa localidade tan afastada.  Esta foi unha aprendizaxe real, xa que houbo sensibilización e compromiso.

Rematamos proxecto xogando a pescar nun lago e degustando  salmón xa que preparamos en equipo uns pinchos a base de galleta, salmón e

tomate cherry.

 O alumnado de 6º de infantil rematou o seu paso  polo Polo  Norte e moitas grazas ás familias pola vosa colaboración.