Saltar navegación.


Presentación   |   Horarios   |   Oferta educativa   |   Secretaría   |   Contacto

MATES EN FAMILIA

As propostas matemáticas  que realizaron este martes na aula de 6º de Educación Infantil foron a través do xogo e contextualizadas, xa que son o mellor  xeito de ensinanza e, se a maiores son en familia, moito mellor. Por iso resultan tan positivas estas actividades baseadas na participación das familias, xa que son os primeros axentes socializadores e os máis influentes.

O bingo, o pictureka, os monos locos e as cartas foron os protagonistas.

Sempre agradecida a Lucía, Juana e Noelia.

En 5º de infantil, nesta sesión de mates en familia traballaron diferentes contidos en cada un dos obradoiros. No primeiro tiñan que separar os paus da baralla para logo ordenar cada un deles de menor a maior. Posteriormente xogaron a un dominó de superheroínas e superhéroes. Noutro dos obradoiros fixeron varias tiradas co dado, apuntaron os resultados e indicaron cal deles era o maior. Por último pintaron, cos contagotas, tantos círculos como nos indicaba a grafía.

Grazas á avoa de Mateo, a Héctor e a Lorena pola vosa participación!

En 4º de Educación Infantil esta vez tocounos cazar bolboretas, facer series de cores e repasar figuras no taboleiro. Mais nesta ocasión non sabían que xogo elixir como preferido.

 Moitas grazas pola participación á avoa de Roi.