Saltar navegación.


Presentación   |   Horarios   |   Oferta educativa   |   Secretaría   |   Contacto

MATES EN FAMILIA

Esta semana tocaba taller de MATES EN FAMILIA, e como non podía ser doutro xeito, unha vez máis contamos coa axuda das familias para poder levalo adiante nas distintas aulas de infantil.

As nenas e nenos de 4º de infantil desfrutaron realizando un xogo de grafomotricidade e dous de contar, clasificar e comparar. O que máis lles gustou foi “PESCAR GOMIÑAS” e, coma sempre, a avaliación da sesión foi positiva, colocándose todas e todos na cariña alegre. Moitas grazas ás mamás de Roque e Aitana.

En 5º de infantil traballaron as tiradas cos dados (representando cada cantidade que nos saía co número correspondente), ordenaron a baralla de menor a maior e a carón de cada número fixeron torres de policubos do tamaño que indicaba cada grafía (incluso algún se animou a seguir facendo torres de tamaños maiores). Tamén traballaron a lóxica colocando cubitos de xeo no lugar correspondente nas oveiras e, finalmente, asociaron cantidade coa grafía nos vasiños de cores da mesa de luz. Definitivamente, a MESA DE LUZ foi o que máis gustou, pois calquer material que usemos nela convírtese especial e diferente. Moitas gracias á nai de Javi e á nai e ao pai de Miguel pola súa participación.

En 6º de infantil, aproveitando que están a  estudar o Polo Norte, recortaron COPOS DE NEVE de seis puntas súper sinxelos e botaron unhas partidiñas coa BARALLA DE PEIXES, na que gaña o peixe máis grande (maior) xa que come aos pequenos (menores).  Fixeron  outras actividades como tiradas de dado para sumar ou formar un número con palillos utilizando as decenas para maior rapidez. Grazas a  Lucía, Ana, Marta e a Noelia.