Saltar navegación.


Presentación   |   Horarios   |   Oferta educativa   |   Secretaría   |   Contacto

UN MAR DE PALABRAS

Continuamos unha semana máis realizando coa axuda das familias os talleres que tanto nos gustan. Nesta ocasión mergullámonos no obradoiro “Un mar de palabras” para traballar moitas cousas relacionadas coa lectoescritura.  

En  4º de Educación Infantil  traballaron a motricidade a través da utilización de pinzas para coller tapóns na auga, colocar chinchetas en porexpan, e coser. A actividade estrela nesta ocasión foi a "PESCA DE TAPÓNS". Moitas grazas as nais de Óscar e de Aitana pola axuda prestada.

En 5º de Educación Infantil traballaron a grafomotricidade, o bingo de imaxes e palabras, ordenaron o abecedario coas letras escritas en tacos de madeira, e, con pinzas, capturaron letras que atoparon na  sopa de letras para logo gardalas no seu lugar correspondente. Despois dunha valoración final positiva todos e todas chegaron a un acordo: gañaron por goleada as LETRAS DOS TACOS DE MADEIRA E O BINGO!!! Agora queda seguir traballando con estes materiais que tanto nos gustan!!! Gracias Lourdes, Ana e Vanesa por facelo posible.

 

En 6º de Educación Infantil o ROBOT DOC, cando aparece,  sempre é moi ben recibido aínda que sexa para avanzar cara a palabras que riman coa que ten Doc. De rimas tamén foi o taller de buscar as parellas que rimaban cos sufixos dados.  O noso dicionario segue presente pero con moita máis soltura o seu manexo; nel, ademáis de buscar palabras, tamén as anotan. O que resultou máis complicado foi facer frases cos policubos, pensado para que separen ben as palabras  nunha frase, pero aínda custa un poco. Grazas Miguel, Lucía, Diego e Ana pola vosa colaboración.