Saltar navegación.


Presentación   |   Horarios   |   Oferta educativa   |   Secretaría   |   Contacto

ATOPAMOS UN TESOURO: AS RIMAS

Aínda que xa levabamos dende setembro  facendo o abecedario que contén rimas de animais, non foi ata hai pouco que se deron conta realmente da sonoridade das rimas.  Agora buscan paellas de rimas,  fan frases con esas rimas, escriben e len  poesía, acertan adiviñas... Pero sobre todo xogan e xogan aprendendo cada día MÁIS, sen percatarse, coa CESTA DOS OBXECTOS QUE RIMAN. Esta cesta está chea grazas a colaboración das familias, xa que as nenas e nenos viñeron cos seus obxectos felices e con moitas gañas de participar.

Seguimos coas rimas e agora toca atopar as que riman cos seus nomes. Que estaremos a preparar?

Mentres isto non chega deixámosvos aquí estas páxinas para que vos animedes a seguir xogando cos vosos fillos e fillas na casa ás rimas veredes que ben o pasades!!

https://youtu.be/zZQYzFpjY54

http:/cuidadoinfantil.net/rimas-para-ninos.html

https://youtu.be/TR7H<43lwl8