BiblioCeleiro

DÍA DE ROSALÍA DE CASTRO

Durante dúas semanas estivemos preparando o Día de Rosalía.

Esta actividade está basada no libro: "O herbario de Rosalía" de María López-Sandez  e María Isabel Fraga. Fotografía de Miguel Fraga Vila

Para iso realizamos serigrafía con distintas técnicas: con flores que fomos buscar aos arredores do centro, con pintura acrílica, con témpera. Ademáis fixemos murais con plastilina e papel. Un album con luz fosforescente e distintas actividades plásticas. Cada alumn@ vai levará o seu propio traballo para a súa casa.

Esta actividade tivo como obxectivo coñecer a obra de Rosalía de Castro a través das flores. Resultou moi motivadora e experimentamos ese amor tan especial que Rosalía tiña polas flores silvestres.

 

 

Máxico Entroido

Que día tan especial tivemos o pasado venres con familias e nen@s vivindo un Entroido cheo de sorrisos, música e moito ánimo.

Aquí deixamos unha pequena mostra de tarefas preivas, desfile e photocall!!!

Grazas familias  por compartir este día con nós!!! 

PREME NA IMAXE PARA PODER VER O VÍDEO

Ningún aro sen redes. Un proxecto da Fundación Breogán

Hoxe participamos na campaña “Ningún aro sen redes”,  un proxecto da Fundación Breogán que consiste en dotar aos centros seleccionados ( dez en toda a provincia) de redes de baloncesto artesanais, recicladas e sostibles. 

Pasámolo xenial...xogamos,coñecemos a xogadores de baloncesto e á mascota oficial do Club baloncesto Río Breogán: Máximus. 

A actividade inclúe un CONCURSO PARA O QUE SOLICITAMOS A VOSA COLABORACIÓN:

O mesmo día da instalación das redes por parte da Fundación Breogán, instalarase un contedor de reciclaxe. O material para depositar será: bolígrafos, rotuladores, fluorescentes, marcadores, portaminas, correctores (de cinta, líquido e tipo bolígrafo), plumas estilográficas e cartuchos de tinta.

A idea é recoller a meirande cantidade. O alumnado tamén pode  TRAER ese material para reciclar da casa. 

Todos a colaborar!!

Moitas grazas!!

I

Por unha Paz Global todos os días

Hoxe celebramos un día moi especial:O día da Paz.

Xa levamos moitas xornadas preparando este acto. Entre todo o alumnado creamos, deseñamos e montamos un mural moi especial. Coas cores como protagonistas.

O alumnado de 5º e 6º preparou dúas cancións e bailes en inglés. "A friend" e "We are the world".

Creamos chapas conmemorando este día e izamos a bandeira que simboliza a unión entre centros educativos docentes da zona. Dentro do Proxecto: Microrrede A Mariña.

Todas estas actividades teñén un fin común, un obxectivo básico: A Paz empeza en nós mesmos.

Un agradecemento moi especial aos voluntarios da biblioteca do centro.

Noraboa a tod@s!!!

Clica na imaxe para poder ver o vídeo

1º traballo de Radio na biblio

O alumnado de 6º de EP e a mestra coordinadora de Radio na Biblio, Bibi, levou a cabo unha actividade no que se resume un primeiro trimestre cargado de actividades e conmemoracións.

Noraboa a tod@s!!!

Creando caligramas en 3º de EP

En 3º de EP estivemos practicando a técnica dos caligramas. O curso pasado Xoán Neira, escritor do noso concello, ensinounos como levar un proceso creativo que nos axudara a poder facer un proxecto propio.

Para iso utilizamos a técnica do torbellino de ideas  e puxemos en marcha a imaxinación, unindo a clase de Lingua Castelá coa de Plástica.

Foi toda unha experiencia que aquí mostramos.

Esperamos que vos guste!!!

PREPARANDO O NADAL

Rematamos ano con diversas actividades para decorar o centro en Nadal.

PREME NA IMAXE PARA VER O VÍDEO

 

 

Aquí deixamos unha pequena mostra das actuacións do derradeiro día de curso. Un día moi emotivo para tod@s pola xubilación da nosa compañeira Xulia. Dende aquí o noso maior desexo de boas experiencias,  nesta nova etapa. Grazas Xulia.

 

ACTUACIÓNS DE EDUCACIÓN INFANTIL

 

 

1º DE EDUCACIÓN PRIMARIA

 

2º DE EDUCACIÓN PRIMARIA

 

3º DE EDUCACIÓN PRIMARIA

4º DE EDUCACIÓN PRIMARIA

5º DE EDUCACIÓN PRIMARIA

6º DE  EDUCACIÓN PRIMARIA

 

 

 

 

 

 

MONICREQUES. A Xanela de Maxín.

Hoxe a ANPA organizou unha sesión de monicreques que nos encantou  a tod@s.

Foi unha experiencia fermosa na que o silencio estivo presente durante toda a representación.

Trataron o fomento do galego dende unha perspectiva extraordinaria e potenciaron a presenza do Apalpador como referente da nosa cultura. 

A Xanela do Maxín é unha compañía de teatro visual, de títeres e obxectos en Galicia profesional que crea propostas escénicas de calidade dirixidas a un público infantil, familiar e xuvenil. Marabillosa Celtia Figueiras!!!

 

Grazas!!!

PREME NA IMAXE PARA PODER VER O VÍDEO

 

Obradoiro de radio

Esta semana visitóunos Damián Alonso, doblador de profesión da asociación pedagóxica Ponte nas ondas!

Neste vídeo podemos ver todo o que aprendimos nunha xornada intensiva para o alumnado de 5º e 6º de Educación Primaria.

Toda unha experiencia!!!

XORNADA XOGADE: BILLAR

O alumnado de 5º e 6º puido desfrutar dunha xornada de iniciación e acercamento ao billar a través de XOGADE e gracias ao club de billar de Xove.

 

 

 

Distribuir contido