MONICREQUES. A Xanela de Maxín.

Hoxe a ANPA organizou unha sesión de monicreques que nos encantou  a tod@s.

Foi unha experiencia fermosa na que o silencio estivo presente durante toda a representación.

Trataron o fomento do galego dende unha perspectiva extraordinaria e potenciaron a presenza do Apalpador como referente da nosa cultura. 

A Xanela do Maxín é unha compañía de teatro visual, de títeres e obxectos en Galicia profesional que crea propostas escénicas de calidade dirixidas a un público infantil, familiar e xuvenil. Marabillosa Celtia Figueiras!!!

 

Grazas!!!

PREME NA IMAXE PARA PODER VER O VÍDEO