Saltar navegación.
Inicio

Taboleiro, Ligazóns, Novas, Arquivo, Proxecto 2009_2010, Proxecto 2010_2011

O proxecto Abalar no noso centro

O noso centro participará na primeira fase de implantación do Proxecto Abalar, polo que as dúas aulas de quinto de Ed. Primaria pasan a formar parte dos centros educativos Dixitais (CED) neste próximo curso 2010/2011

Segundo consta na documentación da Xunta:
O proxecto garantirá a dotación e o mantemento da infraestrutura TIC en todos os centros, facilitando a conversión dos centros educativos tradicionais en Centros educativos Dixitais (CED).

  • Equipamento: proxectores, taboleiros dixitais, ultraportátiles de alumnos e profesores, mobles con bandexas para a recarga ...
  • Infraestruturas: CPD, cableado e canalizacións, condicionamento de aulas, instalación eléctrica ...
  • Conexión: á rede de Educación e a internet. 

Este ano, a dotación mínima das aulas dun centro educativo dixital contará coas seguintes características:

Ultraportátil para cada alumno, coas seguintes características mínimas:

  • Baixo peso, pantalla cun tamaño mínimo de 10 polgadas e resolución mínima 1024x600 píxeles.
  • Procesador de baixo consumo, con frecuencia de polo menos 1GHz, memoria de polo menos 1 Gbyte e disco duro cunha capacidade mínima de 60 Gbytes.
  • Batería de alta capacidade, que permita un uso continuado sen recarga de polo menos 4 horas, así como de fonte de alimentación externa.
  • Conectividade tanto para rede de área local como para rede inalámbrica.

Portátil para o uso do profesorado, de prestacións técnicas iguais ou superiores ao do alumnado, para controlar o taboleiro dixital e o proxector.

Moble con bandexas para depositar os ultraportátiles e con regletas de toma de corrente onde se poidan conectar os ordenadores.

Conexión Wifi que permita a comunicación entre todos os ordenadores da aula e que tamén facilite o acceso a Internet e á intranet do centro.

Taboleiro dixital interactivo e proxector, disposto coas adecuadas medidas de seguridade para evitar accidentes.

Para máis información, prema o enlace http://www.edu.xunta.es/web/abalar

EXPOSICIÓN : INVENTAMOS E CREAMOS

Fotos da Exposición

Inventamos e Creamos - Decembro 2009

EXPOSICIÓN : INVENTAMOS E CREAMOS

EXPOSICIÓN : INVENTAMOS E CREAMOS

CONCURSO e EXPOSICIÓN

 
 

Durante o mes de decembro de 2009 tivemos no Cole unha gran demostración do interese do noso alumnado polo mundo dos inventos.

Samain 2009

 

No noso colexio celebramos este ano o SAMAÍN.

Levamos cabazas decoradas por nós e os nosos pais e fixemos unha exposición na Aula de Usos Múltiples o pasado venres.

Inicio de curso

O próximo mércores, 12 de setembro, comezará o curso no noso colexio, tanto para Educación Infantil como Primaria.

O servizo de comedor comezará o mesmo día 12

O horario lectivo será de 9,15 h. a 14,15 h.

A visita de pais/nais será todos os martes de 16,00 h. a 17,00 h.

Consello Escolar

COMPOSICIÓN DO CONSELLO ESCOLAR

(Renovación Novembro do 2012)


EQUIPO DIRECTIVO:

  • Ramiro Portela Piay
  • Emilio Abal Lorenzo
  • Mª Rufina Labraña Roselló


REPRESENTANTES DO PROFESORADO:

  • Paz Martínez Davila
  • Esther Iglesias Miranda
  • Ramón Gago Rodríguez
  • Xosé Mª Sánchez Pena
  • José Rosales Graña


REPRESENTANTES DOS PAIS/NAIS DO ALUMNADO:

  • Ana Mª Parcero Soliño
  • Mª José Durán Souto
  • Teresa Lemos Parada
  • Ricardo Martínez Sampedro
  • Soledad Pérez Germade

 

REPRESENTANTE DO PERSOAL DE ADMINISTRACIÓN E SERVIZOS:

  • Mª Luz Lago Román


REPRESENTANTE MUNICIPAL:

  • José Luís Gestido Porto
Distribuir contido