Saltar navegación.
Inicio

O proxecto Abalar no noso centro

O noso centro participará na primeira fase de implantación do Proxecto Abalar, polo que as dúas aulas de quinto de Ed. Primaria pasan a formar parte dos centros educativos Dixitais (CED) neste próximo curso 2010/2011

Segundo consta na documentación da Xunta:
O proxecto garantirá a dotación e o mantemento da infraestrutura TIC en todos os centros, facilitando a conversión dos centros educativos tradicionais en Centros educativos Dixitais (CED).

  • Equipamento: proxectores, taboleiros dixitais, ultraportátiles de alumnos e profesores, mobles con bandexas para a recarga ...
  • Infraestruturas: CPD, cableado e canalizacións, condicionamento de aulas, instalación eléctrica ...
  • Conexión: á rede de Educación e a internet. 

Este ano, a dotación mínima das aulas dun centro educativo dixital contará coas seguintes características:

Ultraportátil para cada alumno, coas seguintes características mínimas:

  • Baixo peso, pantalla cun tamaño mínimo de 10 polgadas e resolución mínima 1024x600 píxeles.
  • Procesador de baixo consumo, con frecuencia de polo menos 1GHz, memoria de polo menos 1 Gbyte e disco duro cunha capacidade mínima de 60 Gbytes.
  • Batería de alta capacidade, que permita un uso continuado sen recarga de polo menos 4 horas, así como de fonte de alimentación externa.
  • Conectividade tanto para rede de área local como para rede inalámbrica.

Portátil para o uso do profesorado, de prestacións técnicas iguais ou superiores ao do alumnado, para controlar o taboleiro dixital e o proxector.

Moble con bandexas para depositar os ultraportátiles e con regletas de toma de corrente onde se poidan conectar os ordenadores.

Conexión Wifi que permita a comunicación entre todos os ordenadores da aula e que tamén facilite o acceso a Internet e á intranet do centro.

Taboleiro dixital interactivo e proxector, disposto coas adecuadas medidas de seguridade para evitar accidentes.

Para máis información, prema o enlace http://www.edu.xunta.es/web/abalar