DIA MUNDIAL SEN TABACO 2021

DIA MUNDIAL SEN TABACO 2021

 

 

 

O 31 de maio celébrase o Día Muridial sen Tabaco que neste 2021, ten como lema "QUEN O DEIXA, GAÑA", dentro da campaña mundial «Comprométete a deixalo durante a COVID-19» destacando que:

o  

 O fume favorece que os aerosois que transmiten o virus se despracen ata os oito metros de distancia e se manteñan durante máis tempo no aire polo que é máis fácil contaxiarse do SARS-2.

 

o  

Os fumadores teñen maior risco de contraer a COVID-19 ao sacarse a máscara para fumar, 1.4 veces maior risco de presentar síntomas graves e falecer pola COVID-19. 0 uso dos cigarros electrónicos presenta un risco cinco veces maior de contraer a COVID­19.

 

Ø 

Na pandemia polo COVID-19, coas tensións sociais e económicas, provocase un incremento do consumo do tabaco na poboación. Segundo a enquisa OEDA-Covid 2020, elaborada polo Observatorio Español de las Drogas y las Adicciones, dependente do Ministerio de Sanidad, diminuíron os fumadores sociais, pero arredor dun 1,2% comezaron a fumar e un 5,7% fuman máis cigarros diarios.

Neste momento, coa actual pandemia polo COVID-19, a deshabituación tabáquica é de extrema urxencia, por iso, a difusión desta mensaxe de promoción da saúde.

 


 

 

Traballo durante a semana

"Un conto para frear a iniciación precoz no tabaco"

https://weeblebooks.com/libros/No-y-punto.pdf

A Cátedra Respira Vida da Universidade Autónoma de Madrid e a compañía GSK deron un paso máis cara á prevención da iniciación precoz no tabaco coa publicación dun conto dirixido a nenos de entre 11 e 13 anos. Co título “Non e punto, porque fumar non mola”, o libro xa está dispoñible tanto en formato impreso como dixital e a súa divulgación formará parte das actividades que teñen previsto levar a cabo en colexios de toda España.

A iniciativa conta co respaldo de sociedades científicas de atención primaria e asociacións de pacientes, entre elas a AGP.

 


 

 

Vídeo educativo sobre o tabaquismo para nen@s de preescolar e primaria. Orixinario de Panamá

"O pato fumador"