TELÉFONOS 988 42 20 14 - 629 75 60 08
CEIP O Castiñeiro 2º Premio 4º Certame de fotografía “Imaxes do patrimonio”
http://pontenasondas.org/que-e-ponte-nas-ondas/?lang=es
O alumno de 6º de E. Primaria Elián G. M. acada o 2º premio IV Certame de fotografía “Imaxes do patrimonio” convocado pola Asociación Cultural e Pedagóxica Ponte... nas Ondas! co que se pretende, como obxectivo preferente, descubrir ás novas xeracións a existencia dun rico e variado Patrimonio Cultural, para o que se propuxo que á iniciativa dos centros escolares os alumnos e alumnas buscaran, na compaña dos seus familiares, aquelas fotos que conteñan elementos dese patrimonio que queremos dar a coñecer. Nas bases e como complemento desta busca solicitabase que se completara a participación no certame coa inclusión dun texto explicativo da imaxe.
6º de E. Primaria Elián G. M., 2º premio
http://www.edu.xunta.gal/centros/ceipcastinheiro/?q=system/files/u2/eli.jpg
O Xurado valorou a gran calidade da maioría dos traballos presentados a concurso e o esforzo mostrado na elaboración do texto que acompaña a cada unha das fotografías polo que propón á entidade que convoca o certame que xestione o deseño de actividades que permitan mostrar e difundir as fotografías presentadas, dada a súa calidade e interese, para a súa divulgación e para que sirvan como estímulo e exemplo para outros proxectos educativos similares.
4º Certame de Recolla das Imaxes e Podcasts do Patrimonio Inmaterial Galego-Portugués
No concurso participaron os amlunos/as de 4º, 5º, 6º EP baixo a supervisión do seu titor e coa axuda das familias. Ademais os alumnos de 1º, 2º, 3º participaron na recollida de imaxes que trouxeron ao centro.
Noraboa a todos polo esforzo e noraboa a Elián polo premio.
AVISO SOBRE O ANO ACADÉMICO EN CURSO EN ABALAR
Cómpre saber que ABALAR traballa sobre o ano académico fixado en XADE e que de momento está establecido no curso 20/21. Ata o 9 de setembro ese valor non será avanzado ao novo curso escolar (21/22). Iso quere dicir que as mensaxes, os avisos, as incidencias na aula, etc. publicados ata esa data estarán referidos a grupos e alumnos do curso que está rematando e non chegarán a grupos/alumnos con matrículas no novo ano académico. Este cambio de ano académico afecta tanto ao alumnado de infantil e primaria, como ao de secundaria aínda que o comezo de curso sexa distinto para estes ensinos.
espazoAbalar : abalarMóbil (xunta.gal)
REUNIÓNS DE TITORÍA DE COMEZO DE CURSO 2021 - 2022
4º, 5º, 6º EDUCACIÓN INFANTIL: LUNS 06-09-2021 9:30
- Titora: Carolina P. carolinapalomanes@edu.xunta.gal
1º, 2º, 3º EDUCACIÓN PRIMARIA: MARTES 07-09-2021 9:30
- Titor: Julián M. julianmendez@edu.xunta.gal
4º, 5º, 6º EDUCACIÓN PRIMARIA: MÉRCORES 08-09-2021 9:30
- Titor: Ana B. anaboo@edu.xunta.gal
PROTOCOLO DE ADAPTACIÓN AO CONTEXTO DA COVID-19 NOS CENTROS DE ENSINO NON UNIVERSITARIO DE GALICIA PARA O CURSO 2021-2022
Protocolo de adaptación ao contexto da Covid-19 nos centros de ensino non universitario de Galicia para o curso 2021-2022 aprobado no Comité Clínico do 06 de xullo de 2021 para dar resposta ás medidas e particularidades establecidas na Orde Comunicada da ministra de sanidade, de 4 de xuño de 2021, mediante a que se aproba, en coordinación coa conferencia sectorial de educación, a declaración de actuacións coordinadas en saúde Pública fronte á Covid-19 para centros educativos durante o curso 2021-2022 que entrarán en vigor unha vez remate o curso escolar 2020-2021.
LISTAXE DEFINITIVA DE LIBROS DO FONDO SOLIDARIO DE LIBROS DE TEXTO PARA O CURSO 2021 - 2022
Listaxe definitiva de libros do Fondo Solidario de libros de texto para o curso 2021 - 2022 no CEIP O Castiñeiro de Laza que lle corresponden ao alumno/a.
Por mor da privacidade de datos as listas definitivas de todo o alumnado do centro deben quedar expostas no interior do centro educativo.
Foille enviada de forma individual a listaxe de libros de texto que debe recibir o alumno/a ao correo electrónico que figura na solicitude.
Para porse en comunicación co centro para calquera información chamar ao teléfono do 988422014 ou por correo electrónico ceip.castinheiro@edu.xunta.gal
Todas as novas que se vaian producindo durante o verán e relacionadas co vindeiro curso escolar irán sendo expostas na páxina web do centro
COMEDOR ESCOLAR. CURSO 2021/2022
As familias solicitantes de comedor escolar para o curso 2021-2022 deben presentar o ANEXO II (un impreso por cada alumno-a matriculado no centro) na Secretaría do centro, debidamente cuberto e asinado, a comezo de curso. Poden recollelo na Secretaría do centro ou descargalo no arquivo adxunto.
ANEXO | INSTRUCIÓNS | |
De non presentar este documento, os-as usuarios-as de comedor estarán obrigados a abonar 4,50 euros por día de asistencia.
As listaxes de usuarios de comedor e transporte publicaranse a comezo de curso.
As familias que non se atopen ao corrente de pago, quedarán excluídas do servizo de comedor para o curso 2021/2022. Deben entregar os recibos pendentes de pago correspondentes ao mes de xullo na secretaría do colexio e entregar o xustificante de pago a comezo de curso.
Formas de pagamento:
1- Nunha entidade bancaria autorizada (presentando os impresos que se entregan no colexio).
2- A través do Espazo Abalar.
3- A través da Oficina Virtual Tributaria (Pago de taxas e prezos (atriga.gal) e presentando no centro educativo os xustificantes de pago nos 20 primeiros días de cada mes.
Poden descargar as INSTRUCIÓNS e o ANEXO II nos arquivos adxuntos.
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 2
- 3
- 4
- 5
- 6
- 7
- 8
- 9
- 10
- seguinte ›
- última »