PROTOCOLO PARA A DETECCIÓN DE INFECCIÓN POLO SARS-CoV-2 CON TEST RÁPIDO DE ANTÍXENO EN SALIVA EN CENTROS DE EDUCACIÓN PRIMARIA. Dirección Xeral de Saúde Pública

PROTOCOLO DE VIXILANCIA  E  CONTROL EPIDEMIOLÓXICO FRONTE  AO VIRUS SARS-CoV-2  (COVID-19)  NO  ÁMBITO EDUCATIVO  NON UNIVERSITARIO  DE  GALICIA

Pode consultar o documento das direccións xerais de Saúde Pública e Asistencia Sanitaria en:

 

https://coronavirus.sergas.gal/Contidos/Protocolos-vixilancia-control-epidemioloxico-COVID19-ambito-educativo-non-universitario 

 

 

 

Protocolo para a detección de infección polo SARS-CoV-2

ACTUALIZACIÓN PROTOCOLO COVID - XANEIRO 2022

- PREGUNTAS FRECUENTES PROTOCOLO XANEIRO 2022

 

PROTOCOLO PARA A DETECCIÓN DE INFECCIÓN POLO SARS-CoV-2 CON TEST RÁPIDO DE ANTÍXENO EN SALIVA EN CENTROS DE EDUCACIÓN PRIMARIA. Dirección  Xeral  de  Saúde  Pública

 

Descargar

 

1.   As persoas da comunidade educativa que sexan caso confirmado deberán permanecer 7días en illamento.

Pasado este tempo, se non tivesen síntomas durante os 3 últimos días, poderán incorporarse ao centro, mantendo unha vixilancia activa sobre a aparición de síntomas ata completar os 10días.

2.   Non se require de ningunha proba ou certificado para reincorporarse ao centro.

3.    É fundamental non acudir ao centro educativo se:

 -  Hai calquera síntoma compatible con COVID19,estea ou non diagnosticado.

    -  Exista un diagnóstico de COVID 19.

 -  Ten indicada a corentena por parte dos servizos de saúde.

4.   No caso de que se dean casos no centro educativo pódense dar dous escenarios:

 

CASOS ESPORÁDICOS

 

AGRUPACIÓN DE CASOS

Ata 4 casos nunha aula ou contorna

específica (ou menos do 20%)en 7 

días.

 

5 ou máis casos nunha aula  ou nunha

contorna  específica (ou máis do 20%) en 

7 días.

 

 

CASOS ESPORÁDICOS

Ante a aparición de casos esporádicos nunha aula non se identificarán contactosestreitos, polo que non se realizarán corentenas nin probas diagnósticas (agás persoas inmuno deprimidas).

AGRUPACIÓNDECASOS

En caso de que se dea esta circunstancia o Equipo COVID do centro informará á Central de Seguemento de Contactos para que realicen o estudo do caso e tomen as medidas

oportunas.

 

*Importante.-Recorda contactar co centro por teléfono (988422014ou correo electrónico

 

(ceip.ocastinheiro@edu.xunta.galpara comunicar calquera incidencia COVID.

 

 

CIRCUÍTOS DE ACTUACIÓNS

 

 Descargar Folleto informativo CEIP O Castiñeiro

 

NO CENTRO EDUCATIVO FÓRA DO CENTRO EDUCATIVO

 

 

 

Procedemento de distribución de máscaras

O día 12 de novembro publicouse no DOG a Orde do 28 de outubro de 2021 DOG pola que se regulan os criterios e procedementos de distribución de máscaras entre o alumnado matriculado en Educación Primaria, Secundaria Obrigatoria e Educación Especial en Centros docentes públicos e en Centros Privados Concertados no curso 2021/2022.

  1. Non ten que presentar solicitude:

O alumnado beneficiario da axuda de material escolar no curso 2021-2022.

  1. Ten que presentar solicitude:
    O alumnado que non foi beneficiario da axuda de material escolar no curso 2021-2022 que cumpra
    algunha das seguintes condicións:
    Que pertenza a unha familia cunha renda per cápita igual ou inferior a 6.000 €.
    Alumnado matriculado en educación especial.
    Alumnado suxeito a tutela ou garda da Xunta de Galicia.
    Alumnado cun grao de discapacidade igual ou superior ao 65%.

Para facer o cálculo da renda per cápita collerase a renda do 2019, sumarase o recadro 435 (base impoñible) máis o recadro 460 (base impoñible de aforro) e o resultado da suma divídese entre o número de membros da unidade familiar.

SOLICITUDES (só para alumnado non beneficiario da axuda de material escolar)
Forma de presentación da solicitude: Unicamente de forma presencial no centro educativo no que estea matriculado o/a alumno/a.
•Prazo:  Para o alumnado matriculado no centro no día de publicación da orde no Diario Oficial de Galicia:10días hábiles a partir do seguinte á publicación no Diario Oficial de Galicia, é dicir, do 15 ao 26 denovembro de 2021. 

O centro comunicará ás familias beneficiarias o momento e o modo no que se fará o reparto.

Para máis información poden poñerse en contacto co centro.

Grazas

Un saúdo

ELECCIÓNS AO CONSELLO ESCOLAR

VOTACIÓN ELECCIÓNS CONSELLO ESCOLAR

SECTOR PAIS E NAIS DO ALUMNADO

INSTRUCIÓNS VOTACIÓNS

 1. A campaña electoral será dende mañá hoxe 18 de novembro ata vindeiro mércores 24 de novembro (ambos inclusive)

2. O xoves 25 de novembro non se pode facer campaña e será xornada de reflexión.

3. As eleccións celebraranse no CEIP O Castiñeiro de Laza, vestíbulo, podendo seleccionar una candidatura de entre as dúas presentadas:

       •    D. Roberto González Martínez

  •    Dª Rebeca López Ferrero

 

4. A hora de votación será das 16:00 horas ás 17:30, constituíndose a mesa electoral ás

15:40 horas, do venres 26 de novembro de 2021

5. Teñen dereito a votar todos/as pais/nais titores legais do alumnado matriculado no centro que figure no censo que ao efecto aprobou a Xunta Electoral e tras a súa exposición pública regulamentaria no taboleiro de anuncios do centro. Tal dereito corresponde indistintamente ao pai e á nai, podendo votar ambos os dous. O censo electoral e toda a información do proceso está exposta no taboleiro de anuncios do centro.

6. O voto será directo, presencial, secreto e non delegado e non se admitirá o voto por correo.

7. Para votar é necesario calquera documento identificativo como DNI, carné de conducir, etc.

8. Neste caso ao haber 2 candidatos só se pode introducir unha papeleta que nome dun deles levará o

9. Os modelos de papeletas e sobres da votación serán, obrigatoriamente, os previamente fixados pola Xunta Electoral do centro, dos que haberá cantidade suficiente no local da votación.

10. Nas referidas papeletas figurarán os nomes dos/as candidatos/as, cada elector só pode introducir unha papeleta

11. Finalizada a votación procederase ao escrutinio dos votos, que será público, e unha vez realizado, levantarase acta para ao seu envío á Xunta Electoral do centro.

 "A dirección deste colexio anima a todos/as os/as pais/nais/titores legais do alumnado a que participen na votación do próximo luns, como unha forma máis de colaboración na organización do centro, a fin de conseguir a máxima representatividade posible de pais e nais no Consello Escolar."

 O PRESIDENTE DA XUNTA ELECTORAL

SAÍDA SAMAÍN RÚAS DE LAZA

 

 

Volvemos á carga. Este venres 5 de novembro faremos a saída suspendida o venres pasado por mor da choiva. Agardámosvos!!!!!

 

 

LUNS 11, MARTES 12 OUTUBRO 2021 NON LECTIVOS

LUNS 11 - MARTES 12 OUTUBRO 2021

NON LECTIVOS

Orde do 19 de maio de 2021 pola que se aproba o calendario escolar para o curso 2021/22 nos centros docentes sostidos con fondos públicos na Comunidade Autónoma de Galicia.

http://www.edu.xunta.gal/portal/calendarioescolar

 

Distribuir contido