magosto

XOGOS DE OUTONO

XOGOS  DE  OUTONO

4  de  novembro celebramos  a festa do  magosto  no  colexio.

O  alumnado  do  1º  ciclo  de Primaria  desfrutou  dunha  xornada  de xogos  tradicionais: "Quen  perde  a  cadeira"," Tiro  a  corda", "Afina  a  puntería" e a "A  castaña por  atrás  tris  tras".

Tamén  houbo  tempo  para  os  xogos  de  mesa  ca  temática  do  outono: dominó, tabú, lince, memori e  xogos  de  comprensión lectora.

Ao  longo  da  mañá, houbo   un  oco  para  facer  un  experimento  de  mesturas  e  tamén  para  posar no  Photocall  outonal  cos  nosos  refráns  e  cantigas  favoritas  que  recopilaron  coas  súas  familias.

E  nesta  xornada  de  tanta  diversión  non  podía  faltar a  degustación  de  castañas  que  nos  preparou  o  castañeiro  Benito. Estaban  riquísimas!!!

Se  premedes  aquí  podedes  ver  un  pequeno  resumen  desta  xornada.

 

 

PASÁMOLO  XENIAL!!!

 

VERSOS EN HOMENAXE Á CASTAÑA!!

 

NO MES DE NOVEMBRO, COMO NON PODÍA SER DOUTRO XEITO NA GALIZA; HOMENAXEAMOS A UN DOS FROITOS MÁIS RECOÑECIDOS NA NOSA TERRA:

A CASTAÑA.

PARA DARLLE O PROTAGONISMO QUE SE MERECE, PROPUXÉMOSLLES ÁS FAMILIAS QUE DECORASEN COMO MÁIS LLES GUSTASE UNHA CASTAÑA DEBUXADA NUNHA CARTOLINA E A ACOMPAÑASEN DUNS VERSOS RELACIONADOS CON ELA OU CO OUTONO. UNHA VEZ MÁIS A COLABORACIÓN DAS FAMILIAS FOI EXEMPLAR E A ACTIVIDADE RESULTOU VERDADEIRAMENTE EXITOSA!!

AQUÍ ABAIXO PODEDES VER ALGÚNS DOS EXEMPLOS DE TODO O QUE SE RECOMPILOU... GRAZAS A TOD@S!!

 

QUE PASEDES UN BO MAGOSTO!!! Guiño