SOLICITUDE COMEDOR E TRANSPORTE ESCOLAR CURSO 2024/25

SOLICITUDE DE COMEDOR DE TRANSPORTE ESCOLAR PARA O CURSO 2024/25

                        

 

O PRAZO PARA SOLICITAR PRAZA NO COMEDOR ESCOLAR E/OU NO TRANSPORTE ESCOLAR PARA O CURSO 2024/25 ESTARÁ ABERTO DO 24 DE XUÑO AO 5 DE XULLO, AMBOS OS DOUS INCLUÍDOS.

DEBEDES CUBRIR E ENTREGAR NO CENTRO A SOLICITUDE DE PRAZA E O ANEXO II (MODELO DE AUTODECLARACIÓN E ESPECIFICACIÓNS), PODEDES DESCARGAR OS IMPRESOS DESTA PÁXINA OU PEDILOS NO CENTRO.

DEBEDES ENTREGAR UNHA SOLICITUDE POR NENO/A E ANEXAR A DOCUMENTACIÓN QUE CORRESPONDA SEGUNDO O CASO. (ESTÁ INDICADA POLA PARTE DE ATRÁS DA SOLICITUDE).

Descargar solicitude aquí.

Descargar Anexo II aquí.

O EQUIPO DIRECTIVO.

Dinamización de patios

Ao longo deste curso en Educación Infantil estivemos a dinamizar o patio para que as nenas e os nenos tiveran unha maior oferta de propostas e xogo. Ademais de mercar un Triángulo Pikler e zonas de interacción e manipulación, contamos cuns circuítos de tuberías para xogar con pelotas ou area, bloques de construción e zona de equilibrio.

Temos que agradecer moi encarecidamente á empresa Ramón García que doou a madeira e coa que as profesoras puideron construír parte destes materiais.

PROGRAMA EVENTO FIN DE CAMPAÑA "COME LOCAL"

PREME NA IMAXE PARA VER O PROGRAMA COMPLETO.

ACTIVIDADE PARA FAMILIAS E/OU PERSOAL DO CENTRO.

CHAMAR AO CENTRO PARA INSCRIBIRSE 881 880 881

ROMARIA FAMILIAR 5Oº ANIVERSARIO DO CEIP ADR CASTELAO

 

Hoxe celebrouse a Romaría familiar de celebración do 50º aniversario do CEIP ADR Castelao. A pesar da chuvia e de ter que cambiar o plantexamento inicial da festa, foi un día moi fermoso no que maiores e cativos puideron desfrutar de diversas actividades: exposición de fotos e libros antigos, de baile, maxia, xogos,  chuches... 

Desde o Equipo Directivo queremos facer varios agracedementos:

A ANPA CEIP ADR Castelao, que se fixo cargo do custo da actuación do mago e dos obradoiros da tarde.

O Concello de Ordes, que nos proporcionou as mesas e as cadeiras, o grupo de música infantil e o DJ.

A Asociación Camiño Real de Poulo, que veu de forma desinteresada con algún dos seus membros a tocar, a cantar e a bailar para amenizar a xornada.

A Asociación As Mariñas, que realizaron as exhicións de baile moderno e ximnasia rítmica, actividades extraescolares ás que asisten algunhas alumnas do centro. En colaboración coa ANPA, foron os encargados de desenvolver os obradoiros e xogos de pola tarde.

A todas as familias participantes, porque sen elas non habería festa.

Aos compañeiros/as, amigos/as e familiares que nos axudaron a preparar todas as intalacións antes da festa e a recoller ao final.

A todos GRAZAS con maiúsculas.

A continuación deixámosvos unha pequena mostra en imaxes, do que foi a festa.

CEIP ADR CASTELAO,

50 ANOS AO TEU CARÓN.

2º CAMPAÑA DE FROITA NA ESCOLA CURSO 2023/24

Entidades adscritas | Portal da Consellería do Medio Rural

AVISO ROMARÍA FAMILIAR

aviso-importante - HíjarDebido á presión de chuvia para o sábado día 8 de xuño, o xantar realizarémolo no Pavillón Castelao 2. 

Haberá mesas e cadeiras xa dispostas no pavillón para todos os inscritos. Poderedes acceder a través da cancela principal (autobuses) e tamén a través  da porta do pavillón a partir das 12:00h para ir acomodándovos, colocando a comida...

 

ROMARÍA FAMILIAR CEIP ADR CASTELAO

CAMPAMENTO CONCILIA DE VERÁN ANPA

 PARA INSCRIBIRTE PREME AQUÍ

 

2º PREMIO NO CONCURSO LITERARIO DA AGRUPACIÓN CULTURAL O FACHO

Irene Darriba Rodríguez, alumna de 6º C do noso cole, obtivo por segundo ano consecutivo o 2º premio no concurso literario da Agrupación Cultural O Facho (Concurso de Contos de Nenos para Nenos 2024) co conto "Aislin, a nena das nubes". 

A entrega de premios celebrouse o pasado venres 31 de maio en A Coruña. 

Parabéns Irene!

Menús xuño

Preme na imaxe para descargar os menús