Maio 2018

RECORDOS DA I FEIRA DO LIBRO SOLIDARIO...

Unha vez rematada a I Feira do Libro Solidario e despois de ter analizado e avaliado o proceso e o resultado; chegou a hora de relaxarse e mostrarvos a través desta montaxe, as imaxes de como se desenvolveu e do gran éxito que tivo entre o noso alumnado.

Esperamos que desfrutedes vendo as imaxes, tanto coma nós mentres tivo lugar a feira!

Agradecemos especialmente a creación desta montaxe, á mestra Rocío, que tantas horas adicou ao procesamento das numerosas fotos dos 5 días de Feira!

 

VISITA DE LEDICIA COSTAS

Neste mes de maio que vén de comezar, visitounos na nosa Biblioteca Escolar LEDICIA COSTAS, divertida, cercana, amorosa, simplemente... FANTÁSTICA!!

Falounos da súa infancia, dos seus avós, dos seus libros...

Nós fixémoslle preguntas, falámoslle dos libros que lemos, do moito que nos gustaron e do que nos gustaría que escribise nos seus próximos libros.

 

Quedou encantada de vir ao noso cole porque todos os/as alumnos/as de 4º de Educación Primaria leron o seu libro estrela: "Escarlatina, a cociñeira defunta", pero como lles gustou tanto ese libro, algúns decidiron ler outros libros da mesma autora. Na nosa biblioteca escolar pódense atopar exemplares destas obras: "Esmeraldina, a pequena defunta", "A señorita Bubble" e "As peripecias de Extravaganzza Pérez".

Grazas Ledicia, quedas para sempre nos nosos corazóns!!

 

PRESENTACIÓN DE "PAKOLAS"

O alumnado de Educación Infantil, asistiu na Biblioteca Escolar Botalerias á presentación do Libro "Pakolas".

É un libro CD elaborado en colaboración co Colexio Profesional de Logopedas e Galicia.

O autor e compositor dos temas que inclúe é Paco Cerdeira e a ilustradora do libro é unha veciña de Ordes: Laura Romero; e foi esta última a encargada de vírnolo presentar. Estámoslle moi agradecidos.

Benvido ao noso cole PAKOLAS!!