Skip to Content

Activ. Biblioteca

SEMANA DO LIBRO 2012

 

 

Miniatura     

DÍA INTERNACIONAL DO LIBRO

O pasado día 23 de abril conmemorouse o Día do Libro. No noso colexio levamos a cabo, durante toda esta semana, unha serie de actividades para festexalo ... un mural, fixemos contos sobre a época dos castelos para lerlos aos nen@s de Infantil e @s nos@s alumn@s fixeron de contacontos para os seus compañeiros na hora de ler ... 


contacontos 1º e 2º de primaria

Hoxe veu a colexio o autor e ilustrador David Rodriguez a contarnos un conto sobre o importante que son as avoas e os avós nas nosas vidas. Rematamos a actividade cunha canción sobre o conto. 

Aquí vos deixamos unha mostra do encontro. 

Día da Muller

O pasado mes de marzo estivemos a traballar o Día da Muller e que mellor xeito que facelo a través da mulleres que temos máis presentes nas nosas vidas, as nosas nais, avoas, madriñas... aínda que tamén houbo espazo para coñecer mellor a artistas, futbolistas.. que nos inspiran cada día.

Esta é a nosa pequena homenaxe a todas aquelas mulleres que día tras día nos axudan a superarnos e medrar como persoas. 

 

ENCONTRO CON MARÍA CANOSA

O pasado día 8 de marzo tivo lugar un encontro na biblioteca  coa escritora María Canosa, autora do libro "Muriel, caos no laboratorio lácteo" que está a ler a rapazada do Club de Lectura e tamén da obra "A cazadora de estrelas" que leron as nenas e nenos do 2º ciclo de primaria. 

Aquí deixamos un resumo da actividade.

DÍA DE ROSALÍA

 Para celebrar o día de Rosalía este ano centramos a nosa atención nas árbores e plantas que aparecen nas obras de Rosalía e a partir do libro  "Herbario de Rosalía" no colexio fixemos o noso propio Herbario con plantas que podemos atopar nas nosas hortas e nos nosos montes. 

Aquí deixamos un pequeno resumo das actividades que se levaron a cabo. 

DÍA DE ROSALÍA

 Para celebrar o día de Rosalía este ano centramos a nosa atención nas árbores e plantas que aparecen nas obras de Rosalía e a partir do libro  "Herbario de Rosalía" no colexio fixemos o noso propio Herbario con plantas que podemos atopar nas nosas hortas e nos nosos montes. 

Aquí deixamos un pequeno resumo das actividades que se levaron a cabo. 

Club de lectura "CAZADORES DE LIBROS"

O próximo día 14 de decembro comeza de novo o club de lectura para os nenos e nenas de 5º e 6º de primaria. 

LECTURAS TERRORÍFICAS!

Deixamos unha mostra de fotos das lecturas terroríficas que crearon os nenos e nenas de primaria.

FEIRA DO LIBRO NA SIONLLA

 

 

 

Distribuir contido


by Dr. Radut