Skip to Content

Información de interese

DÍA DE ROSALÍA

Para celebrar o día de Rosalía este ano centramos a nosa atención nas árbores e plantas que aparecen nas obras de Rosalía e a partir do libro  "Herbario de Rosalía" no colexio fixemos o noso propio Herbario con plantas que podemos atopar nas nosas hortas e nos nosos montes. 

Aquí deixamos un pequeno resumo das actividades que se levaron a cabo. 

APERTURA DOS PRAZOS PARA SOLICITAR O SERVIZO DE MADRUGADORES

A Xunta de Goberno Local, acordou os prazos e procedemento para solicitar os servizos de comedor e madrugadores (no caso do noso colexio sería só para madrugadores) nos centros de Educación Infantil e Primaria do Concello de Santiago de Compostela.

O prazo para presentar as solicitudes abrangue dende o 18 de xullo ata o 28 de agosto de 2023 (ámbolos dous inclusive).

Podedes acceder aos PDF coa información e a ficha de inscrición na seguinte imaxe:

                                          

Listaxe provisional de admitidos/as curso 2023/2024

Infórmase de que todas as solicitudes presentadas neste centro para o vindeiro curso 2023/2024, están admitidas.

A información contida nos informes só pode facerse pública única e exclusivamente no taboleiro interior do centro, ou ben pode ser consultada telemáticamente a través da aplicación admisión alumnado, empregando a chave 365 ou o certificado dixital.

Un saúdo.

SAMAÍN 2021

Estimadas familias,

Este curso con motivo da celebración do samaín no centro e tendo en conta a situción sanitaria actual, o claustro de profesorado acordou levar a cabo a proposta da seguinte actividade:

"Máscaras terroríficas", trátase de que aqueles nenos/as que así o desexen poidan traer da casa unha máscara cirúrxica  decorada coa temática do samaín , posteriormente estas máscaras serán expostas ao longo desta semana no centro. 

Tamén se informa de que o venres día 29 aqueles alumnos/as que así o desexen poderán vir ao centro disfrazados, sempre e cando non traian ningún accesorio que se poida compartir( escobas. tridentes, cadeas,,,)

Un saúdo. 

CURSO 2021-2022

INFORMACIÓN COMEZO DE CURSO

RESULTADO VOTACIÓNS XORNADA ÚNICA

Acta correspondente ás votacíóns celebradas no centro o día 26/03/2021.

INFORMACIÓN COMEDOR ESCOLAR E XORNADA LECTIVA

Estimada familias: 

Informamos ao respecto do servizo do comedor escolar neste centro que a día de hoxe segue sen haber colaboradores/as suficientes para que este servicio poida funcionar. Ante esta situación, tendo en conta o protocolo COVID- 19,  dende a dirección do centro enviouse un novo escrito á inspección educativa para que sexa trasladado á Xefatura Territorial, no cal se detalla como se prevé que sexa a xornada lectiva  deste centro a partir do día 1 de outubro.

Xúntase en un anexo o escrito enviado.

INICIO DE CURSO 2020/2021

ADAPTACIÓNS DAS PROGRAMACIÓNS DE EDUCACIÓN PRIMARIA

SOLICITUDES DE ADMISIÓN

SOLICITUDE DE ADMISIÓN

restablecemento dos prazos

11 de maio a 18 de maio

Distribuir contido


by Dr. Radut