Skip to Content

BECAS E AXUDAS N.E.A.E

Becas e Axudas para alumnado con N.E.A.E.

Infórmase que xa está aberto o prazo para solicitar as becas para o alumnado de N.E.A.E. dende o 30 de abril ata o 13 de setembro de 2024.

Acceso á solicitude:

https://sede.educacion.gob.es/sede/login/inicio.jjsp?idConvocatoria=2109

 

Cómo solicitala:

https://www.becaseducacion.gob.es/becas-y-ayudas/ayudas-apoyo-educativo/como-solicitarla.html

PROCESO DE ADMISIÓN

PROCESO DE ADMISIÓN / BAREMACIÓN

LISTAXES DEFINITIVAS / PROVISIONAIS

A)As listaxes definitivas de 4º de Educación Infantil e 4º de Educación Primaria xa están expostas no taboleiro interior do centro. Todas as solicitudes para estos cursos están admitidas.

B) As listaxes provisionais de 1º / 2º / 5º de E.Primaria tamén están expostas dende hoxe e poden consultalas no taboleiro interior do centro ou de forma telemática na aplicación de Admisión (chave365). Ábrese un periodo de 5 días hábiles para reclamacións ás mesmas (ata o 3 de maio).

CURSO PRIMEIROS AUXILIOS - Protección Civil -

O pasado 20 de marzo recibimos a voluntarios de Protección Civil no noso centro, que se achegaron a impartir un curso de Primeiros Auxilios a todo o alumnado. Grazas pola súa colaboración!!!

PAGO TELEMÁTICO COMEDOR ESCOLAR

 

 

PAGO TELEMÁTICO DO COMEDOR A TRAVÉS DA PLATAFORMA ABALAR

Prezadas familias;

Este mes será o último que enviemos os recibos de pagamento do comedor  polo alumnado. A partir de este mes (recibo de marzo incluído), xa estará habilitado o pagamento a través do ESPAZO ABALAR aínda que todavía levarán o recibo.

Deixamos o manual das familias para proceder ao pago a través desta plataforma. Non é posible facelo a través da App. Móvil de Abalar, senón que ten que ser dende o portal educativo e dende alí acceder ao servizo ESPAZO ABALAR (require certificado electrónico ou chave 365).

 

GUÍA PARA AS FAMILIAS: SERVIZOS EDUCATIVOS

https://www.edu.xunta.gal/centros/abalar/aulavirtual/pluginfile.php/5184/mod_resource/content/1/20220602_espazo-familias.pdf 

 

*Importante; unha vez accedades á pasarela de pago é necesario pechar todas as pestanas para completar o proceso. 

 

VACACIÓNS SEMANA SANTA

Rematado o segundo trimestre, queremos desexarvos unhas boas

Vacacións de Semana Santa

Regresamos o martes 2 de Abril

 

 

PROCESO BAREMACIÓN

Rematado o prazo de solicitudes de admisión e comprobado a día 22 de marzo de 2024 o número de solicitudes e vacantes actualizadas por curso para o vindeiro ano académico, comeza a fase de ENTREGA DE DOCUMENTACIÓN COMPLEMENTARIA, para levar a cabo o proceso de baremación nos seguintes cursos:

 

1º E. Primaria 

2º E. Primaria

5º E. Primaria

 

PRAZO DE ENTREGA DE DOCUMENTACIÓN COMPLEMENTARIA PARA A BAREMACIÓN;

ATA o martes 9 de ABRIL

Consultar Lexislación vixente:

- Orde do 21 de Outubro de 2022

- Decreto 13/2022 de Admisión de Alumnado.

DÍA DE ROSALÍA

Para celebrar o día de Rosalía este ano centramos a nosa atención nas árbores e plantas que aparecen nas obras de Rosalía e a partir do libro  "Herbario de Rosalía" no colexio fixemos o noso propio Herbario con plantas que podemos atopar nas nosas hortas e nos nosos montes. 

Aquí deixamos un pequeno resumo das actividades que se levaron a cabo. 

VACANTES OFERTADAS PARA O CURSO 2024-25

Ceip Arquitecto Casas Novoa

 

VACANTES OFERTADAS PARA O CURSO 2024-2025

CURSO 23-24

VACANTES

PRAZAS RESERVADAS (*)

TOTAL

SOLICITUDES PRESENTADAS

4º EI (3 anos)

20

3

20

 15

5º EI (4 anos)

6

 

6

  0 

6º EI (5 anos)

5

 

5

 0

1º EP

1

 1

1

 2

2º EP

1

 

1

 2

3º EP

0

 

0

 0

4º EP

3

 

3

  1 

5º EP

0

 

0

 1

6º EP

0

 

0

 0

   

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

  

Reserva(*): Prazas reservadas para alumnado con NEAE. Aquelas non solicitadas acumularanse á quenda ordinaria.

As vacantes e solicitudes iránse actualizando semanalmente.

ADMISIÓN DE ALUMNADO 2024-2025

ADMISIÓN DE ALUMNADO 2024/25

Comeza o proceso de admisión de alumnado para o vindeiro curso 2024-2025. A continuación atópanse os arquivos relacionados con este proceso.

Poderedes consultar os prazos establecidos premendo en "CALENDARIO"

 

 Admisión  do día 1 ata o 20 de marzo

 Matrícula  do día 20 ata o 30 de Xuño

 

              Pódese consultar a distinta información  do proceso premendo nos seguintes adxuntos :             

                                     

            

ENTROIDO 2024

O pasado venres 9 de febreiro, celebramos no cole o Entroido. Desfilamos ataviados cos nosos divertidos disfraces, bailamos, xogamos e rematamos a festa cunha degustación de doces típicos da época que cada neno e nena achegou da súa casa.

MOITÍSIMAS GRAZAS FAMILIAS POLA VOSA COLABORACIÓN!

ESTABAN BOÍSIMOS!!!

Botádelle unha ollada á galería premendo na foto para ver os bos momentos que pasamos.

Distribuir contido


by Dr. Radut