Skip to Content

PROCESO BAREMACIÓN

Rematado o prazo de solicitudes de admisión e comprobado a día 22 de marzo de 2024 o número de solicitudes e vacantes actualizadas por curso para o vindeiro ano académico, comeza a fase de ENTREGA DE DOCUMENTACIÓN COMPLEMENTARIA, para levar a cabo o proceso de baremación nos seguintes cursos:

 

1º E. Primaria 

2º E. Primaria

5º E. Primaria

 

PRAZO DE ENTREGA DE DOCUMENTACIÓN COMPLEMENTARIA PARA A BAREMACIÓN;

ATA o martes 9 de ABRIL

Consultar Lexislación vixente:

- Orde do 21 de Outubro de 2022

- Decreto 13/2022 de Admisión de Alumnado.

DÍA DE ROSALÍA

Para celebrar o día de Rosalía este ano centramos a nosa atención nas árbores e plantas que aparecen nas obras de Rosalía e a partir do libro  "Herbario de Rosalía" no colexio fixemos o noso propio Herbario con plantas que podemos atopar nas nosas hortas e nos nosos montes. 

Aquí deixamos un pequeno resumo das actividades que se levaron a cabo. 

VACANTES OFERTADAS PARA O CURSO 2024-25

Ceip Arquitecto Casas Novoa

 

VACANTES OFERTADAS PARA O CURSO 2024-2025

CURSO 23-24

VACANTES

PRAZAS RESERVADAS (*)

TOTAL

SOLICITUDES PRESENTADAS

4º EI (3 anos)

20

3

20

 15

5º EI (4 anos)

6

 

6

  0 

6º EI (5 anos)

5

 

5

 0

1º EP

1

 1

1

 2

2º EP

1

 

1

 2

3º EP

0

 

0

 0

4º EP

3

 

3

  1 

5º EP

0

 

0

 1

6º EP

0

 

0

 0

   

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

  

Reserva(*): Prazas reservadas para alumnado con NEAE. Aquelas non solicitadas acumularanse á quenda ordinaria.

As vacantes e solicitudes iránse actualizando semanalmente.

ADMISIÓN DE ALUMNADO 2024-2025

ADMISIÓN DE ALUMNADO 2024/25

Comeza o proceso de admisión de alumnado para o vindeiro curso 2024-2025. A continuación atópanse os arquivos relacionados con este proceso.

Poderedes consultar os prazos establecidos premendo en "CALENDARIO"

 

 Admisión  do día 1 ata o 20 de marzo

 Matrícula  do día 20 ata o 30 de Xuño

 

              Pódese consultar a distinta información  do proceso premendo nos seguintes adxuntos :             

                                     

            

ENTROIDO 2024

O pasado venres 9 de febreiro, celebramos no cole o Entroido. Desfilamos ataviados cos nosos divertidos disfraces, bailamos, xogamos e rematamos a festa cunha degustación de doces típicos da época que cada neno e nena achegou da súa casa.

MOITÍSIMAS GRAZAS FAMILIAS POLA VOSA COLABORACIÓN!

ESTABAN BOÍSIMOS!!!

Botádelle unha ollada á galería premendo na foto para ver os bos momentos que pasamos.

XORNADA DE PORTAS ABERTAS

                          

                                                   VISITA O NOSO COLEXIO!

                                                          CEIP ARQUITECTO CASAS NOVOA

                                                   

                                                   XORNADA DE PORTAS ABERTAS:

                                                     LUNS 4 DE MARZO ÁS 17:15

 

ENTROIDO 2024

                                                 

                                                           

DESEXOS POLA PAZ

Onte 30 de xaneiro, celebramos como todos os anos o Día da Paz. Pero neste curso, quixemos que os nosos desexos pola Paz se escoitaran un pouco máis e intentamos que permanezan no tempo escribíndoo nun lazo, que todo o alumnado pendurou na reixa da entrada ao cole. Ademais, achegámolo a toda a comunidade educativa convidándoa a que exprese o seu desexo pola Paz nos lazos que alí vos deixamos.

Tamén alzamos o noso berro a prol da Paz nunha morea de idiomas; decoramos e levantamos as nosas mans a favor da non violencia e, escenificamos cun mural da grafitera afgá Shamsia Hassani a impotencia ante o aumento de guerras no noso mundo. Botade unha ollada ás fotos que vos deixamos na galería, premendo nesta foto.

 

ÁLBUM FOTOS DE FIN DE ANO ´23

Aquí vos deixamos unhas fotos da gran festa do día de hoxe. Agardamos que vos gusten!

 

 E aquí o vídeo coas badaladas!

FESTA DE FIN DE ANO!

Mañá é o día de despedir este trimestre, e por iso chega á Sionlla:

 A FESTA DE FIN DE ANO!

Preparade as vosas mellores galas para despedir este 2023 e recibir ben o novo ano 2024.

 

Distribuir contido


by Dr. Radut