Skip to Content

Activ. Biblioteca

CRISTIAN e YACINE DO COMPOS

O pasado xoves, 26 de febreiro, visitáronnos dúas novas incorporacións da S.D. Compostela: Cristian del Toro, defensa central, e Yacine Quasmi, dianteiro. Respostaron amablemente ás preguntas formuladas polo alumnado, que amosan a relación existente entre o fútbol e as Matemáticas. Firmaron autógrafos e balóns e ata nos fixeron unha pequena exhibición ... Por se fora pouco, regalaronnos entradas para o partido do domingo seguinte e dous alumnos de Ed. Primaria (Ana de 3º e Jose de 4º) fixeron o saque de honra. Foi xenial!!!

Ver fotos na galería

O DÍA DE ROSALÍA

O día 24 de febreiro celebramos o Día de Rosalía. Para celebralo en condicións o alumnado de Ed. Infantil e o Club de Lectura recitou poemas de Rosalía de Castro, unha muller de todas as épocas. Premede no enlace para ver o vídeo.

Vídeo no canal de YouTube  

              

CONTACONTOS & HEMATOCRÍTICO

O pasado día 10 de febreiro estiveron no noso cole os contacontos Patri e Álex, da Ed. Kalandraka. Fixeron as delicias do alumnado de Ed. Infantil. Tamén, nos visitou o escritor coruñés Miguel López, máis coñecido polo seu alcume literario "El Hematocrítico". Miguel falounos do seu libro "Feliz feroz", ben coñecido polos alumnos de 1º e 2º de EP. Podedes ver as fotos na galería.

  

CHARLA COA ESCRITORA LEDICIA COSTAS

O Club de Lectura, constituido polo alumnado de 5º e 6º de Primaria, traballou no primeiro trimestre sobre a obra galardonada co Premio Merlín 2014 de Literatura Infantil: "Escarlatina. A cociñeira defunta".

O equipo da Biblioteca organizou a visita da autora, Ledicia Costas, e os nenos e nenas do Club de Lectura pasaron con ela unha tarde estupenda. Xa podedes ver as fotos na galería, premendo no enlace.

DESPEDIDA DO CLUB DE LECTURA

As actividades do Club de Lectura remataron por este curso, pero continuarán no próximo. Como non, quixeron despedirse cunha pequena festa. Podedes ver as fotos na galería.

AS LETRAS GALEGAS NA BIBLIOTECA

Na Biblioteca, os alumnos e alumnas de 6º EP crearon uns comics moi orixinais co gallo do Día das Letras Galegas. Premede nos enlaces para velos!!!

Homenaxe a Xosé María Díaz Castro

As Letras Galegas na Sionlla

De excursión

As linguas que falamos

FEIRA DO LIBRO NA SIONLLA

Co gallo da festividade do Día do Libro fixemos una pequena feira para que os rapaces puidesen intercambiar os libros que tiñan na casa, sempre que estivesen en bo estado. Para facilitar o proceso acuñamos unha moeda propia, o dólar da Sionlla ou "sionllo" adicado ao poeta homenaxeado nas Letras Galegas de este ano, Xosé María Díaz Castro.

  

Daba gusto ver aos rapaces e rapazas ollando os seus libros novos. Foi todo un éxito!!!! Premede na foto para ver as imaxes na galería.

FACEMOS COMICS CON IVÁN SUÁREZ

O ilustrador Iván Suárez, autor do conto Palabra de crocodilo, ensinounos que facer un pequeno cómic é máis doado do que parece. Sobre todo se contamos con algo de axuda... Moitas grazas, Iván!!!

VISITOUNOS FINA CASALDERREY!!!

A escritora pontevedresa Fina Casalderrey estivo de visita no noso cole. Falounos dos seus contos e das historias agochadas detrás deles. Podedes ver as fotos na galería. Estivo xenial!!!!

ANIVERSARIO DE ROSALIA DE CASTRO

O día 24 de febreiro conmemoramos o aniversario do nacemento dunha das figuras senlleiras da literatura galega: Rosalía de Castro. Pronto poñeremos as fotos na galería.


Distribuir contido


by Dr. Radut