Skip to Content

Activ. Biblioteca

CONTACONTOS FAMILIARES

Como cada ano nos meses de abril e maio no colexio celebramos unha nova edición dos "Contacontos familiares", e xa imos pola cuarta edición e dende o equipo de biblioteca so queremos dar as garzas a todas as familias por participar nesta actividade! 

Aquí vai un breve resumo de todos os contacontos, agardamos que vos guste moito. 

LETRAS GALEGAS 2024

O pasado día 20 de maio celebramos no colexio o Día das Letras Galegas que este ano se adicou a poetisa Luísa Villalta. 

Deixamos aquí un breve resumo das actividades levadas a cabo con motivo de dita celebración.

DÍA DE ROSALÍA

Para celebrar o día de Rosalía este ano centramos a nosa atención nas árbores e plantas que aparecen nas obras de Rosalía e a partir do libro  "Herbario de Rosalía" no colexio fixemos o noso propio Herbario con plantas que podemos atopar nas nosas hortas e nos nosos montes. 

Aquí deixamos un pequeno resumo das actividades que se levaron a cabo. 

Certame das Letras Galegas

Xa podedes ver aos traballos que o alumnado presentou para participar no Certame das Letras Galegas posto en marcha polo equipo de Biblioteca.

A entrega de premios será o vindeiro mércores 31 de Maio.

Día do libro: 23 de abril

O 23 de abril celebramos o Día do Libro. Dende o blog de Biblioteca do colexio, propoñen diversas actividades nas que podemos participar: 

Día Internacional da Muller. Reto 8M.

Dende hoxe está en marcha o reto do 8M, que podedes consultar nblog de biblioteca.

DÍA DAS LETRAS GALEGAS

Este ano, dende o Equipo de Dinamización da Lingua Galega e o Equipo da Biblioteca queremos saber cal é a vosa PALABRA preferida en galego

Para máis información, visitade o Blog da Biblioteca premendo na imaxe.

PARA o DÍA DO LIBRO

Co mes de abril chega o mes dos libros. Este ano dende a biblioteca propoñemos tres actividades que podedes facer nas vosas casas e, despois, enviárnolas ao correo. O prazo de entrega remata o 17 de abril. 

Podedes escoller unha das que máis vos guste. Animádevos! Risa

DÍA DA POESÍA

O Equipo da Biblioteca proponvos un traballiño (voluntario) para celebrar o Día da Poesía (21 de marzo). No vídeo tedes toda información ...  

Calquera dúbida que teñades podedes dirixila ao correo electrónico da Biblioteca:

bibliotecacasasnovoa@gmail.com

CELEBRAMOS O DÍA DE ROSALÍA

Que mellor maneira de celebrar o Día de Rosalía que cunha canción baseada na obra da nosa escritora máis senlleira. Seica na clase de Música dan ... o DÓ de peito !! Guiño 

 

Por outra banda, o Equipo de Biblioteca e o Equipo de Dinamización da Lingua Galega tamén celebraron o Día de Rosalía cun recitado de poemas de Rosalía. Quedou moi ben!!!!

Distribuir contido


by Dr. Radut