Skip to Content

Activ. Biblioteca

DÍA DO LIBRO

O pasado luns 24 de abril celebramos no noso colexio o Día do Libro. Como xa é tradicional organizamos un mercado de libros usados para darlles unha nova vida e tamén para que o alumnado puidera desfrutar das novas aventuras que agochan.

VER FOTOS NA GALERÍA

DÍA DA POESÍA

A partir do 21 de marzo celebramos na Biblioteca o Día Mundial da Poesía. Entre outras actividades, aproveitamos a hora de ler para que fosen os pequenos quenes recitaran poesía aos alumnos maiores.

O luns 20, 2º EP recitou a poesía "Emilia Pardo Bazán" (Carmen Gil) a 6º EP.

O martes 21, 1º EP recitou "Os soños na gaiola" (Manuel María) a 5º EP.

O mércores 22, o alumnado de 5 anos recitou "Era un niño que soñaba" (Antonio Machado) a 4º EP.

O xoves 23, a clase de 4 anos recitou "Caracol" (Manuel María) a 3ºA.

Finalmente, o día 24, o alumnado de 3 anos recitou "Mi carita redondita" (Gloria Fuertes) a 3ºB.

Foi unha semana bastante poética, sen dúbida Guiño

DÍA DE ROSALÍA

Recentemente celebramos no colexio o Día de Rosalía, para honrar a Rosalía de Castro, figura senlleira da nosa literatura en galego e tamén en castelán. Pensamos que o mellor homenaxe que lle podiamos facer sería ler e recitar os seus poemas e puxémonos mans á obra. Premede na imaxe para ver o resultado.

PASEO POLA PREHISTORIA - 5º e 6º EP

O alumnado de 5º e 6º de Primaria fixo un pequeno percorrido pola Prehistoria. Visitaron o Dolmen de Axeitos (Riveira) e tamén o Castro de Baroña (Porto do Son).

 VER FOTOS NA GALERÍA

FALAMOS DE ARQUEOLOXÍA

O alumnado de 3º a 6º de Ed. Primaria asistiu a unha charla impartida por Roberto Aboal, arqueólogo da Universidade de Santiago de Compostela. Explicounos como é o traballo dun arqueólogo, os utensilios cos que traballan, traballos que están levando a cabo ... Foi moi interesante. 

VISITOUNOS PEPE CARREIRO

Recentemente, tivemos o pracer de recibir ao célebre ilustrador e debuxante de banda deseñada Pepe Carreiro. A súa carreira artística abrangue moitas obras e personaxes, como son Historia de Galicia, Os Barbanzóns e Os Bolechas. Debuxou e asinou moitos libros para ledicia de todo o alumnado. 

RUTA ROSALIANA

Os alumnos e alumnas de 5º e 6º de EP percorreron os lugares máis importantes de Santiago de Compostela na vida da nosa escritora máis senlleira, Rosalía de Castro. El Correo Gallego recolleuno nas súas páxinas...Tamén podedes ver o percorrido nun vídeo conxunto co CEIP López Ferreiro. Premede nos enlaces.           

ROTA COMPOSTELÁ POLA BIOGRAFÍA DE ROSALÍA

     

   

 VER FOTOS E VÍDEO      NA GALERÍA 

 

CONTACONTOS POLA PAZ

Co gallo da Semana Escolar pola Paz e a Non Violencia tamén tivemos ao contacontos Anxo Moure, que fixo as delicias dos pequenos e dos non tan pequenos.

BIBLIOTECA

Dende o Equipo de Biblioteca, queremos informarvos das actividades que, neste trimestre levamos a cabo:

- Adquisición e mostra de novidades editoriais.

- Posta en funcionamento do club de lectura para o alumnado de 5º e 6º.

- Celebración da semana da tradición oral.

- Sesións de contacontos para o alumnado do centro, en colaboración co mestre de música: As clases de tuba e O gato lambón.

                           

FEIRA DO DÍA DO LIBRO

O pasado día 23 de abril, co gallo do Día do Libro, celebramos un mercado de libros usados en bo estado que o alumnado podía traer da casa para trocalos por outros do seu agrado. Foi todo un éxito.

Para levalo a cabo tivemos que imprimir un billete de curso legal únicamente válido no noso cole e para ese día. O Sionllo está inspirado no escritor pontevedrés Xosé Filgueira Valverde, a quen se adica o Día das Letras Galegas 2015. Premede no enlace para ver fotos na galería.

Distribuir contido


by Dr. Radut