Skip to Content

Secretaría

XORNADA DE PORTAS ABERTAS

Estimadas familias,

este ano a xornada de portas abertas ten que adaptarse a nova realidade que estamos a vivir.

Imos a  subir certos vídeos e contido variado para que teñades unha visión global de como son as instalacións e como funciona o noso centro educativo.

Para todas aquelas familias interesadas en coñecernos de xeito presencial poderedes facelo do 22 ao 26 de febreiro, sería polas tardes (a partires das 16:00 e en quendas de 20 min. xa que non se pode recibir a máis de unha familia por quenda; estas establécense en función ao nº de familias interesadas). Pregamos que, de non considerar como fundamental este tipo de visitas, o teñades en conta para priorizar a aquelas familias que si senten esa necesidade.

Recibirase por estricto orde de reserva e a partires do día da presente publicación (enviando un correo electrónico a: ceip.carrasqueira@edu.xunta.gal  EN ASUNTO: Cita previa portas abertas Carrasqueira).

Estade pendentes da web xa que se renovará periodicamente con contido. Se tedes preguntas tamén podedes chamar ao teléfono ou enviar correos a tal fin; procuraremos respostar por este medio e o antes posible.

 Tedes información sobre o proceso de admisión no apartado de Secretaría.

Recibide un saúdo agarimoso,

 

O equipo do Carrasqueira.

PREME PARA TER ACCESO Á VISITA VIRTUAL

 

                         mano-imagen-animada-0022

VISITAS CURTAS: INFANTIL, PRIMARIA E EXTERIORES

 

RESERVA IES CORUXO CURSO 2022-23

 

Estimadas familias:

Do 11 de xaneiro ao 8 de febreiro está aberto o prazo para reservar matrícula para aqueles/as alumnos/as de 6º E. Primaria  que desexen continuar os seus estudos no IES Coruxo (centro adscrito).

Deben cumprimentar o impreso de reserva (Modelo ED550A) que poden recoller na secretaría do colexio e entregalo xunto cunha fotocopia do DNI do alumno/a ata o luns 8 de febreiro.

Tamén poden presentar a solicitude a través da aplicación "admisionalumnado"         

       

https: //www.edu.xunta.es/admisionalumnado

 

 

Os alumnos/as que pensen ir a outro centro escolar deberán entregar o impreso de admisión (Modelo ED550B) no centro escollido. Neste caso, o prazo de solicitude é do 1 ao 21 de marzo.

Máis información:

Orde do 18 de cembro de 2020 polo que se modifica a Orde do 12 de marzo de 2013 pola que se desenvolve o procedemento para a admisión do alumnado en centros docentes sustentados con fondos públicos que imparten ensinanzas de 2º ciclo de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria e de bacheralato reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación (código do procedemento ED550A e ED550B). (DOG Núm. 256 do 22 de decembro de 2020)

 

Ante calquera dúbida, podedes consultar en secretaría.

Un saúdo

 

IMPRESO RESERVA IES CORUXO CURSO 2022-23

RESERVA IES CORUXO CURSO 2021-22

Do 11 de xaneiro ao 8 de febreiro, ambos inclusive, ábrese o prazo para a reserva de praza para 1º ESO no IES de Coruxo para o curso 2021-22.

Todo o alumnado que reservou praza para 1º ESO ten asignada praza para o curso 2021-22.

Non esquezades formalizar a matrícula no IES Coruxo  os días 25, 28 e 29 de xuño.

 

MODIFICACIÓN DAS ENTRADAS E SAÍDAS

Estimadas familias,

Tal e como comentamos no seu momento, e tras unha reunión de directores mantida dous días antrás, vémonos na obriga de modificar o protocolo de entradas e saídas que no seu momento vos enviamos.

Estudádeo con atención e organizádevos xa que NON PERMITEN QUE ENTREN ÁS FAMILIAS EN TODO O RECINTO ESCOLAR DURANTE AS ENTRADAS, SAÍDAS (A EXCEPCIÓN DAS QUE ACOMPAÑEDES AOS ALUMNADO DE ED. INFANTIL) E NO TEMPO QUE COINCIDA COS RECREOS.  No caso de querer entrar ao centro tedes que solicitar cita previa, se veño do médico fóra do horario de entradas e saídas chamo á porta para entrar, irá algúen do equipo docente a acompañarvos.

 

 

Distribuir contido


by Dr. Radut