Skip to Content

Secretaría

LISTAXE MATERIAL 4º PRIMARIA

 

No arquivo adxunto envíamos a listaxe do material de 4º de Educación Primaria do ano académico 2023-2024.

ELECCIÓNS CONSELLO ESCOLAR 2022

APERTURA DE PROCESO ELECTORAL PARA A RENOVACIÓN PARCIAL DOS MEMBROS DO CONSELLO ESCOLAR

 NOS ARQUIVOS ADXUNTOS  PODEN CONSULTAR OS RESULTADOS DAS VOTACIÓNS DOS DIFERENTES SECTORES E A ACTA DE PROCLAMACIÓN DE CANDIDATURAS ELIXIDAS

 

 

 

 

 

Ponse en coñecemento da Comunidade Educativa que, en cumprimento do establecido na Resolución do 19 de setembro de 2022, da Secretaría Xeral de Educación e Formación Profesional, pola que se establece o calendario para a celebración de eleccións de membros dos consellos escolares de centros docentes sostidos con fondos públicos (DOG, xoves 30 de setembro do 2022) en virtude da lexislación vixente, ábrese un proceso electoral para a renovación parcial dos membros do Consello Escolar deste centro.

 

Este ano corresponde renovar 2 representantes do profesorado, 2 das familias e 1 do persoal non docente.

 A organización e supervisión do proceso correspóndelle á Xunta Electoral.

 

O VENRES 28 DE OUTUBRO, ás 13 horas, na Biblioteca do centro, terá lugar este SORTEO PÚBLICO para elixir os compoñentes da XUNTA ELECTORAL:

  1 representante do profesorado, 1 das familias e 1 do persoal non docente.

 A Xunta Electoral constituirase o martes 8 de novembro ás 13 horas.

 

NOS ARQUIVO ADXUNTO PODEN CONSULTAR O CALENDARIO DE ACTUACIÓNS, E O MODELO DE PRESENTACIÓN DE CANDIDATURAS PARA AS FAMILIAS

 

 

 

RECOLLIDA VALE MATERIAL COMPLEMENTARIO

Informamos a todas as familias beneficiarias

do vale de 50€ para a compra de material escolar,

que no día de hoxe foi publicada a Resolución de

5 de outubro de 2022 de concesión directa da

ampliación da axuda para adquirir material escolar;

polo que a partires do luns, 17 de outubro,

poderán recoller o vale de 25 € na secretaría

do centro escolar. 

CALENDARIO ESCOLAR 2023-2024

CALENDARIO ESCOLAR 2023/2024

ORDE do 3 de maio de 2023 pola que se aproba o calendario escolar para o curso 2023/2024 nos centros docentes sostidos con fondos públicos en Galicia

ACTIVIDADES LECTIVAS DO CURSO ESCOLAR 2023/2024

-As actividades lectivas nas ensinanzas de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria, de bacharelato e de formación profesional realizaranse desde o día 11 de SETEMBRO de 2023 ata o 21 de XUÑO de 2024, ambos inclusive.

 

VACACIÓNS ESCOLARES :

– NADAL: desde o día 22 de decembro de 2023 ata o día 7 de xaneiro de 2024, ambos inclusive.

– ENTROIDO: os días 12, 13 e 14 de febreiro de 2024.

– SEMANA SANTA: desde o día 25 de marzo ata o día 1 de abril de 2024, ambos inclusive. 

DÍA DO ENSINO: 7 de decembro de 2023.

Publícase o calendario definitivo despois da solicitude e aprobación pola Inspección Educativa dos dous días non lectivos que lle corresponden a este centro.

13 de outubro

20 de maio

 

NO ARQUIVO ADXUNTO PODEN CONSULTAR A INFORMACIÓN COMPLETA

LISTAXE DE LIBROS DE TEXTO E DE MATERIAL ESCOLAR CURSO ACADÉMICO 2023-2024

XA ESTÁ PUBLICADA A LISTAXE DE LIBROS DE TEXTO E DE MATERIAL ESCOLAR PARA O VINDEIRO CURSO ACADÉMICO 2023-2024

PODEDES CONSULTALA NO ARQUIVO ADXUNTO

 LIBROS USADOS | Roa de Duero

Distribuir contido


by Dr. Radut