Skip to Content

Circulares

FONDO LIBROS

FONDO LIBROS

 

Bo día familias!

Xa temos impresas as listaxes provisionais do fondo libros, están a vosa disposición na porta da entrada do edificio administrativo do colexio;  a súa vez podedes chamar por teléfono e vos informamos sen necesidade de acudir ao centro (en horario de 10:00 a 13:00h.). En caso de erros tedes un prazo de dous días para reclamar, ao remate publicaremos as definitivas (enviaremos outra mensaxe a tal efecto).

Un saúdo,

 

O equipo.

AXUDAS LIBROS E MATERIAL ESCOLAR CURSO 2019-2020

 

 INFORMACIÓN IMPORTANTE LIBROS E MATERIAL ESCOLAR CURSO 2019-20

Datas a recordar sobre as axudas de libros e material escolar e o fondo solidario de libros de texto para o curso 2019-2020:

  • Entrega de solicitudes  ata o 21 de xuño (inclusive)
  • Publicación de listaxes provisionais: 2 de xullo
  • Reclamacións ata o 5 de xullo
  • Listaxes definitivas: 8 de xullo
  • Entrega de vales  de libros  e material escolar : 10 a 11 de xullo de 10 a 13  h
  • Entrega dos libros  de 3º a 6º de E. Primaria: 4 e 5 de setembro de 10 a 13 

 

Para recoller os vales de libros e material escolar deberá vir a persoa solicitante. Se ésta non puidera vir, deberá mandar unha autorización por escrito máis a fotocopia do DNI da persoa solicitante e da persoa autorizada.

IMPRESO SOLICITUDE

ORDE do 3 de maio de 2019 pola que se regula a participación no fondo solidario de libros de texto e se convocan axudas para adquirir libros de texto e material escolar destinadas ao alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial en centros docentes sostidos con fondos públicos, para o curso escolar 2019/20 (código de procedemento ED330B)

 

 

Distribuir contido


by Dr. Radut