Skip to Content

Biblioteca

XULIO VERNE

Bos días nenos e nenas!

Con motivo da chegada do Entroido e da elaboración dos distintos disfraces, Leocadia quere axudarvos a coller ideas para a súa creación, achegándovos un artigo moi interesante sobre Xulio Verne e as súas obras literarias, o cal é o centro do noso proxecto anual de centro.

ARTIGO DE XULIO VERNE

 

Un saúdo Sorriso!

Guías de lectura e de xoguetes educativos

Nesta época de agasallos, os equipos de Biblioteca e Orientación elaboraron os seguintes trípticos con recomendacións de lecturas e xoguetes educativos por idades. Agardamos sexan do voso interese.

Campaña solidaria "Libros que alimentan"

Como cada curso, lanzamos a campaña solidaria de recollida de alimentos, produtos de hixiene e limpeza, promovida pola biblioteca do CEIP de Carnota en colaboración con Cáritas.
A campaña estará aberta dende o xoves 9 ata o luns 20 de decembro. Podedes traer alimentos non perecedoiros, así como produtos de hixiene e limpeza.
Cada alumno/a que faga a súa aportación á campaña solidaria, levará un libro descatalogado da biblioteca.
 

Baixo o mesmo paraugas. Día Internacional das Persoas con discapacidade

No Mundial das Persoas con Discapacidade, sumámonos, con preto de 90 entidades sociais de toda Galicia, cos nosos paraugas, á acción simbólica convocada para reivindicar unha sociedade máis xunta e igualitaria para todas as persoas.

 

#BaixoOMesmoParaugas#ParaugasPolaDiscapacidade

REVISTA ESCOLAR AS LIÑEIRAS Nº16 - CURSO 2020/2021

Un ano máis, a revista as liñeiras fai un repaso do curso. Agardamos que vos guste.

(Pica na imaxe para vela)

GAÑADORES DO CONCURSO LITERARIO "MAREANDO HISTORIAS"

OLA NENOS/AS! QUEREDES SABER QUEN FORON OS GAÑADORES DO CONCURSO "MAREANDO HISTORIAS"? POIS AQUÍ ESTÁN (COS SEUS CORRESPONDENTES PSEUDÓNIMOS):

EDUCACIÓN INFANTIL

1º premio: A flautista (LAURA)

2º premio: A avoa lendo o periódico (LIA)

3º premio: Carteiro metendo cartas nun buzón (CEBRA)

 

1º CICLO, EDUCACIÓN PRIMARIA

1º premio: A tele encantada (XIRAFA)

2º premio: O teléfono con suerte (NUBE)

3º premio: Os medios sociais (OS INVENTOS)

 

2º CICLO, EDUCACIÓN PRIMARIA

1º premio: Unha longa travesía (WIRELESS)

2º premio: Sonia, a miña nova amiga (BOLBORETA)

3º premio: De peor a mellor (LEÓN)

 

3º CICLO, EDUCACIÓN PRIMARIA

1º premio: Unha aventura en Exipto (BOBESPONJA99)

2º premio: Unha vida sen ti (PACO)

3º premio: Unha excursión que valeu a pena (BIMBO)

 

NORABOA A TODOS OS PREMIADOS/AS!! Sorriso

AGORA A ESPERAR OS AGASALLOS QUE NON TARDAN EN CHEGAR!!

SOLUCIÓN DO ENIGMA 14

OLA NENOS E NENAS!

QUE TAL ESTE ENIGMA 14? ERA MOI FÁCIL VERDADE? SABÍADES DESTE TIPO DE COMUNICACIÓN? SE NON É ASÍ, NON PASA NADA; LEOCADIA MÁNDAVOS UNHA PRESENTACIÓN INTERACTIVA COA SOLUCIÓN E ALGUNHA INFORMACIÓN MÁIS.

 

SOLUCIÓN ENIGMA 14

 

AGORA A RECONTAR AS SOLUCIÓNS DE TODOS OS ENIGMAS E A COÑECER OS PREMIADOS DESTA AVALIACIÓN!

UNHA GRAN APERTA!! Sorriso

 

SOLUCIÓN DO ENIGMA 13

OLA NENOS E NENAS!!

QUE TAL? COMO SE VOS DOU ESTE ENIGMA NÚMERO 13? SABIADES O QUE SIGNIFICABAN ESAS CATRO LETRAS CON PUNTO? SEGURO QUE SI Risa. DE TODAS FORMAS, SE NON FÓSTEDES CAPACES, NON PASA NADA. LEOCADIA DÉIXAVOS AQUÍ UNHA PRESENTACIÓN INTERACTIVA COA SOLUCIÓN E ALGUNHA INFORMACIÓN MÁIS.

 

SOLUCIÓN ENIGMA 13

 

AGORA A COLLER FORZAS PARA A RESOLUCIÓN DO ÚLTIMO ENIGMA DO CURSO!!

SEMANA DAS LETRAS 2021 - DÍA DAS LETRAS GALEGAS

Como xa sabedes, o vindeiro luns 17 de maio celebramos o DÍA DAS LETRAS GALEGAS.

Este ano a autora homenaxeada é XELA ARIAS.

Esta semana é a Semana das Letras e investigaremos e traballaremos para saber máis sobre Xela Arias. Aquí deixamos material interactivo para divertirnos ó tempo que aprendemos e descubrimos cousiñas novas sobre ela!

(Pica na imaxe para vela e en cada recurso para abrilo)

SOLUCIÓN DO ENIGMA 12

OLA NENOS E NENAS!

QUE TAL ESTE ÚLTIMO ENIGMA? SOUBÉSTEDES A SOLUCIÓN? SEGURO QUE SI, E SEGURAMENTE ALGÚN OU ALGUNHA DE VÓS FÓSTEDES ALÍ ALGUNHA VEZ Risa. SE POLA SÚA CONTRA, NON ADIVIÑÁSTEDES O SITIO QUE MARCABA O MAPA, NON PASA NADA, LEOCADIA INDICÁVOLO NA SEGUINTE PRESENTACIÓN INTERACTIVA:

 

SOLUCIÓN ENIGMA 12

 

UNHA FORTE APERTA DA VOSA MASCOTA!

 

RECOMENDACIÓNS NO DÍA DO LIBRO (23 de abril)

Bos días nenos/as e familias!

Como hoxe é o día do libro, a maiores do vídeo tan chulo que se fixo coas caras que aparecen en libros, subimos recomendacións feitas polos propios pequenos/as sobre os seus libros favoritos. Animádevos a lelos vós tamén!

Un saúdo! 

Distribuir contido


by Dr. Radut