Skip to Content

Biblioteca

Para reflexionar en familia

O 17 de maio, ademais do día das letras galegas é o día internacional contra a homofobia, transfobia e bifobia. Por que esa data? Para conmemorar a eliminación da homosexualidade da lista de enfermidades mentais por parte da asemlea xeral da Organización Mundial da Saúde (OMS), que tivo lugar o 17 de maio de 1990. 

No adxunto  tedes unha selección de curtametraxes que abordan a realidade da transexualidade na infancia. Recomendámosvos o seu visionado e reflexión en familia. 

DÍA DAS LETRAS GALEGAS

DÍA DAS LETRAS GALEGAS

 

O Papagaio, maio 2020

Xa temos O Papagaio do mes de maio, revista á que estamos subscritos dende a nosa Biblioteca, en versión pdf que podedes descargar ou ver con clicar no enlace de abaixo. Que o disfrutedes.

O Papagaio, maio 2020 (clica)

A biblioteca no confinamento

No proxecto deste ano para a Biblioteca moitas ideas quedan sen poder sair adiante, outras xa se fixeron e outras readaptaranse á nova situación de peche do centro e da Biblioteca. Pero por ganas que non quede, así que, ademais do que xa se fixo, do que se irá propondo para facer na casa, recopilamos algunhas actividades de cursos pasados con enlaces desde esta páxina, en especial os Kamishibai.

Recomendacións:(clica no título)

KAMISHIBAI 2018-2019

KAMISHIBAI 2017-2018

 

 

2 de Maio:Día Internacional contra o Acoso Escolar

 Deixamos unha proposta para coñecer a realidade do acoso escolar e erradicalo.

Podedes descargar o archivo en adxunto.

 

CONMEMORACIÓN 23 ABRIL. DÍA DO LIBRO.

A lectura ábrenos as portas cara o mundo da imaxinación, creatividade,

reflexión, sabiduría...

Por iso lembrade sempre:

"Se queres aventura, lánzate á lectura"

 

Tan diferentes como iguais. 21 de Marzo, Día Mundial da Síndrome de Down.

O claustro do CEIP Plurilíngüe de Carnota quere sumarse á campaña de Down Galicia:

 

Tendo en conta a situación que nos toca vivir non queremos pasar por alto esta data sen alzar a voz para reclamar unha sociedade máis inclusiva, diversa e plural.

Por iso #EUQUEDONACASA e visibilizamos o 21M poñéndonos #CalcetínsDispares.

 

CADA XESTO CONTA

Dende a Biblioteca do colexio imos colaborar un ano máis nunha campaña de recollida de produtos navideños e de limpeza. O lema desta campañadeste ano é "Cada xesto conta". Picade na imaxe para ver toda a información da campaña.

                                                                           

 

 

 

25 de novembro: Non é Non

Lecturas 25N

Con motivo do 25N, dende a Biblioteca animámosvos a participar. Tedes AQUÍ a información.

KAMISHIBAI 2018-2019

Outro ano máis volvimos a pasar un "Mes de Fábula". Aquí deixamos unha mostra dos Kamishibai de 4º, 5º, e 6º de Primaria.

KAMISHIBAI 4º A KAMISHIBAI 5º KAMISHIBAI 6º

Adaptacións e melloras na nosa biblioteca!

No noso centro estamos levando a cabo algunhas reformas co fin de acadar unha biblioteca máis inclusiva e que estea ao alcance de todos e todas. Aquí vos deixamos algunhas imaxes: 

 

Distribuir contido


by Dr. Radut