Skip to Content

Biblioteca

GUÍA DE LECTURA

BOS DÍAS NENOS, NENAS E FAMILIAS,

 

HOXE LEOCADIA QUERE COMPARTIR CON VÓS UNHA GUÍA DE LECTURA SOBRE LIBROS MOOOIIII INTERESANTES:

SEGURO QUE VOS ENCANTAN!!

 

UNHA APERTA DA VOSA MASCOTA FAVORITASorriso

 

 

 

 

 

 

SOLUCIÓN DO ENIGMA 3

OLA NENOS/AS E FAMILIAS!

 QUE TAL ESTE NOVO ENIGMA? COÑECÍADES A EXISTENCIA DESTAS ILLAS? QUE VOS PARECERON? SE NON SABÍADES DELAS, LEOCADIA MÁNDAVOS UNHA PRESENTACIÓN INTERACTIVA ONDE APARECE A SOLUCIÓN DO ENIGMA, ASÍ COMO UN POUQUIÑO DE INFORMACIÓN EXTRA PARA SABER QUE MÁIS ILLAS HAI, QUE CONSECUENCIAS TEÑEN A SÚA EXISTENCIA, QUE PODEMOS FACER PARA SOLUCIONAR ESTE PROBLEMA MEDIOAMBIENTAL,...

 

SOLUCIÓN ENIGMA 3

 

PARA REMATAR, DICIRVOS QUE ESTE TRIMESTRE FÍXOSE MOI CURTO, POLO QUE XA NON VAI HABER MÁIS ENIGMAS... SÓ QUEDA SABER QUEN GAÑARÁ!

MOITA SORTE!

UNHA APERTA DE LEOCADIA!

ENIGMA 3 (do 23 de novembro ao 7 de decembro)

23/11/2022
Europe/Madrid

SOLUCIÓN DO ENIGMA 2

23/11/2022
Europe/Madrid

OLA NENOS/AS E FAMILIAS!

QUE TAL O ENIGMA 2? FOIVOS FÁCIL? COMENTOUVOS A VOSA FAMILIA COMO VIVIRON ELES O AFUNDIMENTO DESTE BARCO, QUE SENTIMENTOS LLES PROVOCOU, COMO LLES AFECTOU (DIRECTA OU INDIRECTAMENTE)...? ESPERO QUE APRENDÉRADES UN MONTÓN BUSCANDO ESTE ENIGMA! SE, DE TODAS FORMAS, PRECISADES MÁIS INFORMACIÓN, LEOCADIA MÁNDAVOS UNHA PRESENTACIÓN INTERACTIVA CON TODAS AS RESPOSTAS CORRECTAS, ASÍ COMO UN PEQUENO RESUMO E VARIOS VÍNCULOS A PÁXINAS DE INTERESE.

 

SOLUCIÓN ENIGMA 2

 

AGORA A ESPERAR O ENIGMA 3...

UN SAUDIÑO DE LEOCADIA!

 

SOLUCIÓN DO ENIGMA 1

OLA NENOS/AS E FAMILIAS!

HOXE LEOCADIA MÁNDAVOS A SOLUCIÓN DO ENIGMA 1, O CAL SE TIÑA QUE REALIZAR NA ESCOLA AO CONSISTIR EN SABER CANTAS NASAS HAI DECORANDO O COLEXIO. ADEMAIS, NA PRESENTACIÓN QUE SE ACHEGA APARECE UN POUQUIÑO DE INFORMACIÓN SOBRE ESTE TIPO DE ARTE DE PESCA PARA QUE SAIBADES UN POUQUIÑO MÁIS DELA!

 

SOLUCIÓN ENIGMA 1

 

UNHA APERTA ENORME E ESTADE ATENTOS/AS AO PRÓXIMO ENIGMA!

VOLVEMOS AOS ENIGMAS!

OLA NENOS/AS E FAMILIAS!

ESTE ANO, COMO XA SABEREDES, O PROXECTO ANUAL DE CENTRO É O MAR E CON EL VOLVEN OS ENIGMAS, ACORDÁDESVOS DO QUE ERAN E O QUE HABÍA QUE FACER CON ELES, VERDADE? SE NON É ASÍ, NON PASA NADA... AQUÍ VAN AS NORMAS PARA SEGUILOS...

ESTADE ATENTOS/AS QUE XA CHEGA O PRIMEIRO ENIGMA...

UN SAUDIÑO!

BENVIDOS/AS Á BIBLIO!

OLA NENOS/AS E FAMILIAS!

UN ANO MÁIS A BIBLIOTECA VOLVE A ABRIR AS SÚAS PORTAS E ESTE ANO LEOCADIA DOULLE UNHA VOLTA A TODO E QUEDOU ASÍ DE BONITA PARA VÓS!

ESPÉRAVOS COAS ÁS ABERTAS!

UNHA APERTA ENORME!

 

 

CATRO EN LIÑA - CANTO SABES DE XULIO VERNE?

Tedes aquí un xogo de catro en liña para aprender moitas cousas sobre Xulio Verne. 

Infórmate e ....a xogar!

 

 

ACTIVIDADES DA SEMANA DO LIBRO

Nesta semana na que se celebra o Día do Libro, levaremos a cabo diferentes actividades de posta en valor e promoción da lectura:

- VISITAS Á BIBLIOTECA MUNICIPAL:

Tódalas aulas visitarán nestes días a biblioteca municipal, onde, a responsable deste espazo de lectura lles ensinará a distribución da mesma, as zonas destinadas a cada idade e o funcionamento do servizo de préstamo. Terán acceso libre aos recursos axeitados a cada idade e, os máis pequenos, poderán disfrutar dun tempo de contacontos.

- LECTURAS AO AIRE LIBRE:

Se o tempo o permite, este curso retomaremos a actividade de lectura compartida ao aire libre. Convidámosvos a achegarvos evitando aglomeracións. Consultade no cadro que se achega as zonas en que efectuará a lectura cada grupo.

- QUE É UN LIBRO PARA TI?

Tamén o alumnado puxo de manifesto a súa opinión sobre os libros. Alguns dos traballos recollidos podémolos ver aquí. Clica na imaxe para poder ver o contido:

OBRADOIROS 8M

En colaboración co Departamento de Orientación, o Concello e o gabinete Aquelar, desenvolvéronse obradoiros relacionados coa igualdade en 5º e 6º de Primaria.

Deixamos aquí un breve resumo que fixo o alumnado de 5º.

 

Hoxe pola mañátivemos un obradoiro relacionado coa igualdade. Falamos dos nosos sentimentos, dos nosos medos...

Pili contounos o conto de "Malena Ballena", unha rapaza que sempre estaba triste e chea de medos ata que o seu entrenador de natación lle dixo que cada un de nós "somos o que cremos que somos" (boa reflexión, a que si?) .  A partir dese momento Malena enfrentouse ao mundo dende outra perpectiva, a sentirse máis segura, a confiar nela mesma  e comezou a ser feliz.

 

Despois fixemos unha actividade que consistiu en relacionar imaxes do conto co que pensaba e sentía Malena nese momento.

 

Logo enfrentámonos aos nosos propios medos facendo unha ficha onde os visibilizábamos e debuxábamos a solución para que desaparecesen.

 

Por último fixemos unha sesión de relaxación onde algúns case quedan a durmir (e outros case mexan por eles de risa).

 

                                                                                                            Foi toda unha experiencia!

                                                                                                              

MOSTRA DE ACTIVIDADES DA SEMANA DE ROSALÍA

O 23 de febreiro conmemórase o Día de Rosalía de Castro, autora nuclear da nosa literatura. Ao longo da semana, o Equipo de Biblioteca colaborou coas aulas na realización de diferentes actividades en torno a esta figura senlleira, promovendo a posta en valor e traballo da expresión literatura, musical e plástica. Velaquí algunha mostra das actividades desta intensa semana:

- MURAIS DE AULA:

O alumnado elaborou un mural colectivo recompilando fragmentos de diferentes poemas da autora. Cada ciclo deu vida a un petalo da flor de Rosalía, recollendo nel os poemas traballados.

Tamén se realizaron coloridas representacións da famosa silueta de Rosalía.

- LECTURA E REPRESENTACIÓN DE TEXTOS DA AUTORA:

O día 23 celebramos no patio do cole unha emotiva representación de textos da autora. A etapa de infantil representou conxuntamente o poema "O Moucho" cunha coreografía; a ala de 5 anos coreografiou tamén o poema "Este meniño". O 1º ciclo de primaria recitou "Adeus ríos, adeus fontes"; o segundo ciclo musicou "Vente rapasa", 3º a ritmo de rap e 4º a ritmo de muiñeira con acompañamento de castañuelas e pandeiretas. Pecharon o acto as aulas do 3º ciclo recreando as versións de "Negra sombra" de Luz Casal e Astarot, respectivamente.

O día 24 levamos as representacións a un acto público organizada polo concello, acompañados polo CEIP do Pindo.

- MONÓLOGO TEATRAL SOBRE A VIDA E OBRA DA AUTORA:

O actor Pedro Brandariz, tristemente falecido nesta mesma semana, arrancaba as actividades sobre Rosalía cun fresco e didáctico monólogo sobre a súa vida e obra. Esta actividade enmárcase na programación do concello en homenaxe á autora.

- EXPOSICIÓN DE OBRAS DA AUTORA:

A zona de exposición do corredor destinada á biblioteca vestiuse de gala cunha escolma de obras rosalianas.

Día de Rosalía de Castro

Con motivo do día de Rosalía de Castro, o 23 de febreiro, e no marco das distintas actividades que se están a levar a cabo ao longo da semana no centro educativo, Leocadia proponvos dous recursos interactivos moi chulos.

(Pica nas imaxes para entrar neles)

O primeiro deles trátase dunha breve biografía desta grande autora, así como de distintas preguntas e respostas a través dun Genially:

 

O segundo dos recursos é un rosco para poder comprobar todo o que sabes sobre ela:

 

Pois agora só toca disfrutar mentres se aprende xogando! Sorriso

Distribuir contido


by Dr. Radut