Skip to Content

Biblioteca

RECOMENDACIÓNS LITERARIAS

Ola familias, 

 

Unha vez rematado o Nadal e logo de recibir os pequenos/as distintos agasallos, dende a biblioteca achegámosvos distintas recomendacións literarias para que, aproveitando estes días de frío, os nenos e nenas lean libros tan interesantes coma estes...

Enigma 4 (do 11 ao 25 de xaneiro)

Pista: Esta planta modificou unha autovía

SOLUCIÓN DO ENIGMA 3

Bos días nenos, nenas e familias!

Leocadia está moi contenta con este enigma e a súa solución, porque nunha das súas viaxes fíxose amiga dun lince ibérico! Por isto, era a realización destas preguntas... Soubéstedelas responder? Seguro que si! Se non é así, a vosa mascota favorita mándavos unha presentación interactiva con elas:

 

Solución do enigma 3

 

Agora a pasalo ben nestas vacacións de Nadal e a recargar pilas para comezar o segundo trimestre moi animados/as!

 

Un saudiño de Leocadia

Solución do enigma 2

Ola nenos, nenas e familias!

Que tal este segundo enigma? Foivos fácil? Seguro que si, porque sodes moi bos investigadores... De todas formas, se non fóstedes capaces de atopar a solución, non vos preocupedes porque Leocadia déixavos a resposta na seguinte ligazón:

 

Solución do enigma 2

 

Agora só vos toca ir a vós a visitar estes tan bonitos parques naturais!

 

Un saudiño de Leocadia!

Solución do enigma 1

Bos días nenos, nenas e familias!

Que tal este primeiro enigma? Era moi fácil verdade? Ou non sabiades o nome destes dous ríos? Se é así, non vos preocupedes que Leocadia mándavos unha presentación interactiva onde o podedes saber, así como algunha información máis sobre eles e outras curiosidades.

 

Solución do enigma 1

 

Agora só vos queda ir ata eles e cruzalos para visitar outras terras que non sexan galegas...

 

Un saudiño de Leocadia!

Inicio dos enigmas

Ola familias!!

Comezamos xa con enerxía o concurso de enigmas proposto por Leocadia. Este, xunto cos posteriores, vai estar relacionado co proxecto anual do centro que neste caso é: "@S NOS@S VECIÑ@S", o cal ten como obxectivo achegar aos nenos/as ao coñecemento das distintas comunidades e cidades autónomicas a través da súa xeografía, fauna e flora, bandeiras, cidades, turismo, climas, arquitectura, personaxes importantes,...  

Para o seu desenvolvemento, recordarvos os pasos a seguir:

 

 

Recordarvos que a solución ten que vir nun papel co nome do neno/a para colocalo no buzón que temos aquí no corredor, e que a súa solución se presentará na páxina web neste mesmo apartado cando remate o prazo e se presente o seguinte enigma!

Pronto chega o primeiro enigma...

 

Un saudiño de Leocadia!

Benvidos e benvidas a un novo curso escolar!

Bos días familias!!

Informarvos que a biblioteca escolar xa abriu as súas portas a toda a comunidade educativa dende onte, 24 de outubro, data na que se conmemora o Día das Bibliotecas Escolares! 

Para facer unha gran apertura, os nenos e nenas de cursos máis altos (4º, 5º e 6º) representaron varias obras de teatro aos máis pequenos/as: Os tres porquiños, Peter Pan e Don Quixote. Encantoulles a todos/as, tanto aos espectadores como aos actores e actrices tan profesionais que temos no noso colexio!

Asemade e como sorpresa, o profesorado disfrazouse de personaxes Disney, aparecendo unha mosqueteira, Minnie Mouse, Cruella de Vil, o Gato con Botas, Robin Hood, Maléfica, Pocahontas e Wendy, polas aulas en vez de mestres e mestras. Os nenos/as quedaron abraiados!

Todo elo leva consigo que ao longo de todo o curso tamén se realicen outras novas actividades que partirán da biblioteca, como é o concurso de enigmas, talleres,...

Esperamos, como pasou en anos anteriores, a vosa participación tan activa en todo o que vos propoñemos e agradecervos xa de antemán a colaboración que sempre nos achegades!

 

Unha gran aperta e benvida de Leocadia!!

CONTOS PARA FACILITAR A ADAPTACIÓN Á ESCOLA

O momento de ir á escola por primeira vez pode ser tan emocionante como estresante, tanto para os nenos e nenas como para os papás e mamás. Dende a Biblioteca e o Departamento de Orientación, preparamos unha selección de contos pensados para facilitar un pouco ese gran paso do comezo da escola ou da reincorporación despois dun periodo vacacional longo como é o verán. Serán un pequeno aliciente á hora de afrontar os primeiros días de clase e facilitarán a adaptación.

 

 

 

 

SOLUCIÓN DO ENIGMA 11

OLA NENOS/AS!

QUE TAL ESTA RECTA FINAL DE CURSO? QUE VOS PARECEU ESTE ENIGMA? A VÓS GUSTARÍAVOS PROBAR A REALIZAR ESTE DEPORTE ACUÁTICO? A LEOCADIA NON MOITO... SABEDES QUEN O CREOU? COÑECEDES OUTROS DEPORTES ACUÁTICOS? SE QUEREDES TER RESPOSTA A TODAS ESTAS PREGUNTAS, ACCEDEDE Á PRESENTACIÓN INTERACTIVA QUE CREOU A VOSA MASCOTA PREFERIDA

 

SOLUCIÓN ENIGMA 11

 

XA SÓ QUEDA UN ÚLTIMO ENIGMA!

MOITO ÁNIMO!!

SOLUCIÓN DO ENIGMA 10

BOS DÍAS NENOS E NENAS!!

QUE TAL ESTE ENIGMA NÚMERO 10? FOIVOS FÁCIL? ERA MOI CURTO, VERDADE? SE AÍNDA BUSCANDO INFORMACIÓN NON SOUBÉSTEDES CAL ERA A RÍA MÁIS EXTENSA DE GALICIA, NON VOS PREOCUPEDES; LEOCADIA DÍVOLA NA SEGUINTE PRESENTACIÓN INTERACTIVA, ACOMPAÑADA DUN POUQUIÑO DE MÁIS INFORMACIÓN SOBRE ELA E SOBRE DISTINTOS ACCIDENTES XEOGRÁFICOS:

 

SOLUCIÓN DO ENIGMA 10

 

CADA VEZ QUEDAN MENOS ENIGMAS... A POLO NÚMERO 11!

Distribuir contido


by Dr. Radut