« Septembro 2024 »
DomLunMarMérXovVenSáb
1234567
891011121314
15161718192021
22232425262728
2930

Alumnado

Las bibliotecas escolares de Galicia

Iniciar sesión

EDLG

Actividades propostas polo ENDL.

III CERTAME DE POESÍA BEATRIZ DA SERRA

Un ano máis temos o pracer de comunicarvos que o noso alumnado está entre os premiados/as e mencións no III CERTAME DE POESÍA CURTA BEATRIZ DA SERRA.

A iniciativa deste certame naceu en pleno confinamento, no ano 2020, e mantense co espírito de incentivar a rapazada do Val Miñor na expresión poética na nosa lingua.

Parabéns a tod@s @s participantes e ao profesorado que alenta a escrita e a participación nas aulas.

CATEGORÍA A: 

Primeiro Premio:

-Xiana Costa González (5ºEP) co poema Diversión.

Segundo Premio:

-Mateo Porto Covelo (6ºEP) co poema Follas de mil cores.

Mencións do xurado:

-Xiana Costa González (5ºEP) co poema Primavera.

-Laura Burgo Rosendo (6ºEP) co poema Pesadelos.

APADRIÑAMENTO DA AULA DE MÚSICA: "CANTARES DO BRIÓN"

 

Chegou o tempo de celebrar o apadriñamento da aula de músicaao que dedicamos boa parte das nosas tarefas neste curso:https://cantoresdocasares.blogspot.com/

O venres, día 3 de , o alumnado e o coro do colexio farán unha homenaxe chea de MÚSICA e VOZ ao novo padriño.

E o sábado, día 4, contaremos cun concerto, aberto ao público, do Coro "Cantares do Brión" no que participará o Coro do alumnado do colexio e @s Distinghid@s da Foz.

Agárdanse grandes momentos! Non volo perdades!

 

 

 

POEMAS PREMIADOS NO II CERTAME DE MICROPOESÍA DE BEATRIZ DA SERRA

 O xurado do II Certame de micropoesía Beatriz da Serra, organizado polos Equipos de Dinamización Lingüística do IES Escolas Proval (Nigrán), IES Terra de Turonio (Gondomar e o CEIP Carlos Casares (Nigrán) e dirixido a todo o alumnado dos centros educativos do Val Miñor, deu a coñecer os poemas premiados.

Aquí podedes ler a acta e os poemas premiados.

Noraboa a todo o alumnado premiado e, por suposto a todos os participantes!

Parabéns as nosas compañeiras Adriana Gómez de 6ºA e Laura Burgo de 5ºB que foron as gañadoras na categoría A!!

DÍA DE ROSALÍA

O 24 de febreiro conmemórase o Día de Rosalía e, desde o CEIP Carlos Casares, fixemos a nosa pequena homenaxe á gran escritora. Seguindo a proposta da Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega (AELG) realizamos un vídeo coa versión dos The Lellie Kelly´s do poema "Vente rapasa" de Cantares Gallegos. 

 

LETRAS GALEGAS 2020

No día de hoxe estaba previsto o noso "Festival das Letras Galegas" que é, sen dúbida, o día máis grande no Carlos Casares. No guión de presentación iamos falar e escoitar moito sobre o autor homenaxeado, Ricardo Carballo Calero. Non puido ser! Outro ano virá con máis forza pero non imos deixar a Carballo Calero no esquecemento, aquí vos deixamos un vídeo que esperemos dea para saber e falar.

15 de maio de 2020