Skip to Content

Proba avaliatoria de 3º de Primaria

 A Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa deu o 24 de abril de 2015 instrucións para desenvolver a avaliación individualizada do alumnado de 3º de Primaria. A proba realizarase os días 27 e 28 de maio

 

Proxecto ESTALMAT de talento matemático

O proxecto ESTALMAT-­Galicia para estímulo do talento matemático anuncia a convocatoria anual da proba de selección para estudantes nacidos nos anos 2002 ou 2003.

Campaña de reciclaxe de aparellos eléctricos

O CEIP Campomaior súmase a unha campaña escolar de reciclaxe e aproveitamento de pequenos aparellos eléctricos e electrónicos. Esta campaña parte da empresa Georecovering, situada no polígono industrial de Merelle, e busca a colaboración da comunidade educativa para eliminar dunha forma segura os aparellos que non se usen.

Solicitudes de admisión para o curso 2015-2016

Foi admitido todo o alumnado solicitante de praza para o curso escolar 2015-2016.

O prazo de solicitudes de admisión remata o luns 23 de marzo

De acordo á notificación da Subdirección Xeral de centros, infórmase que o último día do prazo para presentar solicitudes de admisión é o luns 23 de marzo de 2015 (incluído), toda vez que o día 20 de marzo está declarada festa laboral propia da Comunidade Autónoma de Galicia, de conformidade co Decreto 67/2014, do 28 de maio, do calendario la

Solicitude de admisión para o curso 2015-2016 (ata o 23 de marzo)

Está aberto o prazo de presentación de solicitudes de praza para o curso 2015-2016. Este prazo rematará o 23 de marzo.

Campaña de recollida de xoguetes

Aprezadas familias:

 

Uso excepcional de transporte escolar

As familias que teñan solicitada a parada de transporte escolar situada na Rúa do Mediodía deben presentar antes do día 4 de setembro a seguinte documentación:

  • Certificado de convivencia expedido polo Concello.
  • Copia da última declaración da renda, acompañada do orixinal para cotexo.
  • Se fose o caso, copia do certificado de discapacidade do/a alumno/a ou do pai/nai, acompañada do orixinal para cotexo.
Distribuir contido


by Dr. Radut