Skip to Content

Telexornal Carlos Casares

Con motivo da celebración do Día das Letras Galegas 2017 quixemos facer unha homenaxe a Carlos Casares. O autor deste ano conta con diferentes publicacións, que dende o colexio queremos dar a coñecer. Para iso, gravamos o telexornal que se pode ver nesta ligazón:

https://youtu.be/6U2EV4cyRYU

Libros de texto para o curso 2017-2018

 

Reunión para as familias do alumnado que se vai escolarizar en 4º de Educación Infantil (3 anos) no curso 2017-2018

Estimadas familias:

Convócasevos para unha primeira xuntanza o venres, 30 de xuño ás 10 horas da mañá na sala de usos múltiples do noso centro.

 

Solicitudes para transporte escolar excepcional e para cambios en Valores Cívicos/Relixión

Estes son os impresos para solicitar o cambio de Relixión a Valores Cívicos e viceversa, e para solicitar o uso excepcional do transporte escolar.

Matrícula de novo alumnado para o curso 2017-2018

Matrícula para alumnado novo: Todo o alumnado que solicitou praza para o curso 2017-2018 foi admitido. O alumnado que xa cursou estudos no actual curso non ten que facer este trámite.

Prazo de matrícula: do 20 ao 30 de xuño, de 9:30 a 14:30 horas.

Avaliación de 3º de Primaria

A Consellería de Educación vén de publicar as instrucións para a avaliación de 3º de Primaria. Poden ser consultadas aquí.

Para calquera dúbida, as familias do alumnado poden preguntar aos titores ou á directora do centro.

Fondo solidario e axudas para a adquisición de libros de texto e material

A Consellería de Educación convoca axudas para adquirir libros de texto e material escolar para o alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial en centros docentes sostidos con fondos públicos para o curso escolar 2017/18. Esta mesma orde de 16 de maio de 2017 regula a participación no fondo solidario de libros de texto.

O impreso da solicitude pode descargarse aquí.

Proxecto ESTALMAT de talento matemático

ESTALMAT-­Galicia é un proxecto que ten como obxectivo detectar ao alumnado cun talento matemático que en ocasións pode pasar inadvertido nas esferas normais do ensino e da familia. O proxecto selecciona 25 estudantes cada ano, para que desenvolvan actividades que estimulen as súas actitudes e habilidades matemáticas.

Distribuir contido


by Dr. Radut