Skip to Content

Admisión de alumnado para o curso 2016/2017

Todo o alumnado que presentou solicitude para o curso 2016-2017 no CEIP Campomaior resultou admitido.

Charla para familias sobre acoso escolar e riscos de Internet

O venres 1 de abril haberá unha charla sobre acoso escolar e riscos de Internet dirixida ás familias do alumnado dos centros escolares de Ordes. A charla será impartida por persoal da Garda Civil, e terá lugar no Museo do Traxe a partir das 19:30 horas. A actividade está organizada pola ANPA O Futuro do CEIP Campomaior.

 

Admisión de alumnado para o curso 2016-2017

O 1 de marzo ábrese o prazo de presentación de solicitudes de praza para o curso 2016-2017. Este prazo rematará o 29 de marzo.

Aviso para as familias do alumnado de 6º de Primaria

O alumnado que vaia cursar 1º de ESO no IES Maruxa Mallo no curso 2016-2017 debe entregar o impreso de reserva de praza á súa titora ou titor do 1 ao 15 de febreiro. Con este trámite queda reservada praza.

 

Enquisa sobre convivencia escolar

A Consellería de Eucación está facendo unha enquisa na comunidade escolar para obter datos sobre a convivencia nos centros. Estes datos servirán para realizar un plan de convivencia. As familias do alumnado poden participar dun xeito anónimo e confidencial a través deste enlace. As persoas participantes deberán introducir un contrasinal, que se lle entregou a cada alumno ou alumna na aula. Para calquera pregunta sobre esta enquisa, consulten o enlace antes mencionado.

Axudas para adquirir material escolar

A Consellería de Educación vén de convocar unhas axudas para a adquisición de material escolar destinadas a alumnado de primaria, ESO ou educación especial para o curso 2015/16, que non recibira as anteriores axudas reguladas pola Orde do 25 de agosto de 2015. Todos os requisitos para a solicitude están nesta páxina do portal da Consellería de Educación.

Calendario escolar 2015-2016

Campaña de recollida de roupa

A Fundación GLORR está levando a cabo unha campaña de recollida de roupa de segunda man, calzado, mantas, etc., tanto infantil como de persoas adultas. A fundación informa no seu sitio web que a roupa será destinada a familias en exclusión residentes en España. 

A data de peche da campaña é o día 26 de outubro. O lugar para depositar as bolsas é a entrada da sala de usos múltiples.

Distribuir contido


by Dr. Radut