Skip to Content

Novo blog da biblioteca escolar

A biblioteca escolar do colexio estrea un novo blog. Nel pódese atopar todo tipo de contidos relacionados coa lectura. O enderezo de acceso é http://bibliocampomaior.blogspot.es

Benvidos e benvidas a este novo recanto virtual.

Admisión de alumnado para o curso 2017/2018

Todo o alumnado que presentou solicitude para o curso 2017-2018 no CEIP Campomaior resultou admitido.

Obradoiro de ilustración con Laura Romero

A ilustradora ordense Laura Romero visitará o centro os días 29, 30 e 31 de marzo para organizar un obradoiro de ilustración co alumnado. A actividade, chamada "Lendas, mitos e faladurías", está sufragada pola ANPA "O Futuro" e permitirá que os nenos e nenas participen activamente na creación da arte gráfica de varios relatos.

Xornada gratuíta sobre TDAH

A Fundación Ingada, un instituto centrado no TDAH e trastornos relacionados, organiza o 25 de marzo un grupo de axuda mutua no que se abordará o tema "Tratamento farmacolóxico en TDAH: dúbidas, mitos e realidades".

Admisión de alumnado para o curso 2017-2018

O 1 de marzo ábrese o prazo de presentación de solicitudes de admisión de novo alumnado para o curso 2016-2017. Este prazo rematará o 20 de marzo.

 

Nova mascota da biblioteca

A biblioteca do colexio celebrou un concurso para buscar a súa nova mascota.

Leo, a antiga mascota, descansará e deixará o seu traballo a unha nova amiga, que se encargará de coidar os libros e animarvos a lelos.

 A mascota elexida no concurso foi a moucha Alla:

Campaña de recollida de roupa usada para a Fundación Glorr

A Fundación Glorr leva a cabo unha campaña de recollida de roupa e calzado usados. O centro leva uns días distribuíndo bolsas para entregar a roupa, que deberá ser depositada á carón da porta da aula de usos múltiples. A data de recollida das bolsas é o 5 de outubro.

Axudas para apoio educativo 2016-2017

[Actualización] A data límite para facer as solicitudes ampliouse ata o 6 de outubro.

O Ministerio de Educación vén de convocar axudas para o alumnado con necesidades específicas de apoio educativo. 

Distribuir contido


by Dr. Radut