Skip to Content

Proxecto ESTALMAT de talento matemático

ESTALMAT-­Galicia ten como obxectivo detectar ao alumnado cun talento matemático que en ocasións pode pasar inadvertido nas esferas normais do ensino e da familia. O proxecto selecciona 25 estudantes cada ano, para que desenvolvan actividades adaptadas nos dous cursos seguintes, con posibilidade de continuar outro ano máis. Estas actividades gratuítas teñen lugar durante 20 mañás dos sábados de cada curso académico (12 sábados no 3º curso), na Facultade de Matemáticas da Universidade de Santiago de Compostela. Non se trata de adiantar aos alumnos en contidos matemáticos do seu currículo escolar, senón canalizar o talento matemático para mellor proveito da persoa e da sociedade.

As probas de selección terán lugar o sábado día 6 de xuño de 2015 na Facultade de Matemáticas, Campus Universitario Sur, Santiago de Compostela. O alumnado interesado debe inscribirse electronicamente cubrindo o formulario que se atopa na páxina web do proxecto ESTALMAT-­Galicia (http://www.estalmatgalicia.com), ou ben enviando o mesmo formulario por correo postal ou fax á Facultade de Matemáticas. Para máis aclaracións, consúltese o documento de preguntas e respostas.

AnexoTamaño
ESTALMAT-Galicia preguntas_respostas.pdf196.25 KB


story | by Dr. Radut