Skip to Content

Blogue de crissap

25 N - DÍA INTERNACIONAL DA ELIMINACIÓN DA VIOLENCIA CONTRA A MULLER

Este ano, para celebrar o DÍA INTERNACIONAL DA ELIMINACIÓN DA VIOLENCIA CONTRA A MULLER, elaboramos un mural cooperativo.

Ademais, de modo simbólico, puxémonos tod@s unha pulseira cunha gran mensaxe:

“A VIOLENCIA DE XÉNERO NON TEN IDADE”

 

PROXECTO DE INVESTIGACIÓN SOBRE A INFLUENCIA DOS RAIOS SOLARES SOBRE A TERRA

Despois dunha longa temporada de chuvias, por fin volveu o sol!    e isto permitiunos comezar cun novo proxecto que levaremos a cabo ao longo de todo o curso: Proxecto de investigación sobre a influencia dos raios solares sobre a Terra”.

A investigación consiste en medir a sombra que proxecta un pau no centro da pista de fútbol e rexistrar os datos recollidos. Dita medición realizarase sempre ás 12:30 h.

Antes de comezar a medición da sombra, reflexionamos sobre cales eran os factores a ter en conta para poder comprender a influencia dos raios solares sobre a Terra: os movementos de Terra, inclinación do eixe terrestre, afelio e perihelio, solsticios e equinoccios...

Unha vez rexistradas as medicións durante todo o curso, observaremos os cambios e chegaremos a distintas conclusións

NUNS MESES COMPARTIREMOS CON TOD@S VÓS AS CONCLUSIÓNS ÁS QUE CHEGAMOS

 

ATA PRONTO!

MAGOSTO 2023

O pasado venres 10 de novembro celebramos o MAGOSTO no cole dun xeito mooooi divertido!!

O profe José Luis, coa axuda do alumnado de 6º, preparou un montón de xogos no pavillón do colexio. Ademais, para rematar a xornada, non podían faltar unhas deliciosas e quentiñas castañas.

 

FOI UN DÍA DIFERENTE E PASÁMOLO XENIAL!

 

Premede para ver o vídeo

 

CHARLA DO PLAN DIRECTOR

Esta mañá tivemos unha charla moi especial!

Visitáronnos dous axentes da POLICÍA NACIONAL para falarnos do ACOSO e o CIBERACOSO.

Esta charla está dentro do PLAN DIRECTOR, impulsado dende a Delegación do Goberno de Galicia, para a convivencia e a mellora da seguridade nos centros educativos e na súa contorna.

Ten como finalidade previr calquera risco que afecte á seguridade e benestar dos mozos e mozas, na escola ou no seu entorno.

A partir dun vídeo inicial e das explicacións de Antón e Miguel,  reflexionamos sobre moitas conductas que poden darse nos centros educativos e que está na nosa man evitar, para non chegar a danos maiores.

NON PERMITAMOS QUE NINGUÉN SUFRA!!