Hoxe celebramos o Magosto no cole. Tivemos moitos xogos e, como non podía ser doutra forma, comemos moitas castañas asadas. Deixámosvos algunhas fotos na galería.

Este curso escolar aproveitaremos o calendario desta páxina web para incluir nel a axenda de eventos do colexio. Como podedes ver co día de Samaín, os eventos aparecen marcados dunha cor máis grosa.

Se facedes click no día do calendario en cuestión, aparecerá a información relacionada con ese evento.
E se clicades no nome do mes teredes acceso á axenda de todo ese mes.