Skip to Content

Blogue de crissap

MAGOSTO 2023

O pasado venres 10 de novembro celebramos o MAGOSTO no cole dun xeito mooooi divertido!!

O profe José Luis, coa axuda do alumnado de 6º, preparou un montón de xogos no pavillón do colexio. Ademais, para rematar a xornada, non podían faltar unhas deliciosas e quentiñas castañas.

 

FOI UN DÍA DIFERENTE E PASÁMOLO XENIAL!

 

Premede para ver o vídeo

 

CHARLA DO PLAN DIRECTOR

Esta mañá tivemos unha charla moi especial!

Visitáronnos dous axentes da POLICÍA NACIONAL para falarnos do ACOSO e o CIBERACOSO.

Esta charla está dentro do PLAN DIRECTOR, impulsado dende a Delegación do Goberno de Galicia, para a convivencia e a mellora da seguridade nos centros educativos e na súa contorna.

Ten como finalidade previr calquera risco que afecte á seguridade e benestar dos mozos e mozas, na escola ou no seu entorno.

A partir dun vídeo inicial e das explicacións de Antón e Miguel,  reflexionamos sobre moitas conductas que poden darse nos centros educativos e que está na nosa man evitar, para non chegar a danos maiores.

NON PERMITAMOS QUE NINGUÉN SUFRA!!

                                                              

REMATEMOS CO ACOSO!!

 

RETO MATEMÁTICO

Hoxe comezamos unha nova actividade para mellorar a nosa Competencia Matemática.

Cada luns, aparecerá na parte dianteira da nosa caixa de correo un novo RETO MATEMÁTICO que debemos intentar solucionar.

ACEPTAS O RETO?? 

Non esquezas que as persoas que consigan solucionar máis retos no trimestre...

 

terán un  pequeno agasallo!! 

Minions

ANÍMATE A PARTICIPAR!!!

FEITIZOS NA RADIO!

Durante a semana previa ao Samaín, o alumnado de 5º estivo facendo voar a súa imaxinación para elaborar uns feitizos do máis aterradores!

Unha vez elaborados, fomos gravalos na radio co profe Xurxo. Foi unha experiencia alucinante!

 

    Escoitádeos con atención e non tremades moito!     Descarga gratuita de Emoji PNG de miedo | PNG Mart

PREMEDE NO ADXUNTO PARA ESCOITALOS     

 

POR FIN CHEGOU O SAMAÍN!

Despois dunha intensa semana de decoración e preparativos….POR FIN CHEGOU O DÍA!

Hoxe, 31 de outubro, celebramos o Samaín por todo o alto cuns obradoiros do máis monstruosos.             

                                                Halloween Orange Sticker by Dogs Creek Official for iOS & Android | GIPHY                                              

Ollade no vídeo o ben que o pasamos!

Ademais, algunhas nenas da clase prepararon unha coreografía moi divertida.   Premede na imaxe para visualizala.               gif animado para compartir en Halloween

 SEN DÚBIDA, FOI UN DÍA XENIAL!

 

Distribuir contido


by Dr. Radut