Skip to Content

Matrícula

Matrícula 2021/22

Información do proceso de admisión para o vindeiro curso


NORMATIVA

Decreto 254/2012 do 13 de decembro (DOG de 26 de decembro de 2012)

Orde do 12 de marzo de 2013 (DOG de 15 de marzo de 2013)

Orde do 25 de xaneiro de 2017 (DOG 1 de febrero de 2017)

ORDE do 18 de decembro de 2020 (DOG 22 de decembro de 2020)

.


 

 PRAZOS

  Reserva de praza no IES Gonzalo Torrente Ballester: 11 de xaneiro ao 8 de febreiro

As familias do alumnado de 6º que desexe cursar a ESO no instituto adscrito (IES Torrente Ballester) deben cubrir á man ou informáticamente na aplicación “admisionalumnado”  (https://www.edu.xunta.es/admisionalumnado) o formulario de reserva de praza (ED550A)  para presentalo no CEIP Cabanas en papel ou na sede electrónica da Xunta.

 

Descarga do impreso de reserva de praza

FORMULARIO DE RESERVA (ED550A)

 

  Presentación da solicitude de admisión: 1 ao 22 de marzo 

Entregarase persoalmente no centro ou na sede electrónica da Xunta  a seguinte documentación:

          ou

  • Fotocopia do DNI do neno/a ou do libro de familia

  • De ser o caso, convenio regulador ou resolución xudicial de separación ou divorcio.

  • Se solicita praza nun curso distinto de 4º de E. Infantil, certificación de matrícula e académica do centro de orixe.

O impreso de solicitude de admisión pode cubrirse á man ou informáticamente na aplicación “admisionalumnado” (https://www.edu.xunta.es/admisionalumnado).

En caso de separación ou divorcio coa patria potestade compartida, a solicitude debe ser asinada polos dous proxenitores.

Se se quere facer constar varios centros por orde de preferencia, entregarase unha única solicitude no centro pedido en primeiro lugar.

Presentar varias solicitudes de admisión en centros distintos suporá a perda dos dereitos de prioridade que poidan corresponder, a non ser que se renuncie expresamente por escrito ás solicitudes anteriores.

No caso de que un alumno/a actualmente matriculado/a no CEIP de Cabanas solicite ser admitido noutro centro distinto, deberá entregar na Secretaría do noso centro unha copia da solicitude presentada no outro.

 

  Presentación da documentación para o baremo (Tan só no caso de ser necesario por haber máis solicitudes que prazas):  Do 25 de marzo ao 12 de abril

Se o número de solicitudes de admisión superase ao de prazas ofertadas abrirase un período de 10 días hábiles para presentar a documentación acreditativa para o baremo.

Na orde do 12 de marzo de 2013, modificada pola orde do 25 de xaneiro de 2017, indícase cal é a documentación necesaria.

CRITERIOS E PUNTUACIÓN PARA O BAREMO

RESUMO DA DOCUMENTACIÓN NECESARIA

SORTEO DAS LETRAS DE PRIORIDADE EN CASO DE EMPATE

  Publicación das listaxes provisionais de admitidos: antes do 26 de abril

  Reclamacións: 5 días hábiles a partir do segundo despois da publicación provisional

  Publicación das listaxes definitivas de admitidos: antes do 18 de maio

   Formalización da matrícula: do 20 ao30 de xuño

Para formalizar a matrícula deberanse presentar na secretaría do centro:


 

 OFERTA DE PRAZAS

Etapa Curso Prazas ofertadas
E. Infantil 4º (3 anos) 22 + 3 (NEAE)
  5º (4 anos) 7
  6º (5 anos) 6
E. Primaria 1
  11
  2
  1
  2
  1

 .


 

 ZONA DE INFLUENCIA DO CENTRO

(VER MAPA)

A zona de influencia ven delimitada polo seguinte perímetro:

  • Rúa Estación (ámbalas dúas beirarrúas) ata estación de ferrocarril (excluída).
  • Vía do ferrocarril dende estación de Pontevedra (excluída) ata intersección co río Gafos.
  • Río Gafos desde a intersección anterior cara ao sur ata límite do concello.
  • Quedan incluídos neste perímetro os lugares da parroquia de Salcedo: A Armada, Birrete, Cabanas, O Campo da Porta, A Cancela, A Carballa, A Carballeira (Salcedo), O Carballo do Pazo, O Carramal, O Casal, A Costa, O Cruceiro (Salcedo), A Esculca, Matalobos, A Muimenta e O Nabalexo.
  • Quedan incluídos neste perímetro o lugar da parroquia de A Virxe do Camiño: A Ponte do Couto
  • Tamén se inclúe a Base Xeneral Morillo (BRILAT), situada no enderezo A Armada 35, Salcedo.
  • Prolongación de Pintor Urbano Lugrís cruzando a rúa San Brais e atravesando a ponte sobre a circunvalación da autoestrada, deixando a un lado os lugares de A Igrexa (Salcedo) e O Xistro, estando estes excluídos da ÁREA DE INFLUENCIA e quedando incluído Matalobos.
  • Pintor Urbano Lugrís vindo dende San Brais (beirarrúa sur) ata Pintor Virxilio Blanco
  • Pintor Virxilio Blanco (beirarrúa leste)
  • Bibiano Fernández Osorio Tafall (beirarrúa sur)

Considéranse áreas limítrofes deste centro as zonas de influencia do CEIP San Martíño, CEIP Ponte Sampaio, CEIP de Marcón, CEIP Vilaverde-Mourente, CEP Campolongo, EEI Concepción Crespo Rivas e CEIP Álvarez Limeses.
Non se considera zona limítrofe o Concello de Vilaboa, agás a Base Xeneral Morillo (BRILAT).

VER MAPA

 


 

 IES AO QUE ESTÁ ADSCRITO O CENTRO

IES Gonzalo Torrente Ballester


 

 SERVIZOS COMPLEMENTARIOS

  • Transporte escolar

Ruta 1:  Saída de Avda. de Vigo, 72. Fai as paradas da carretera de Vigo.

Ruta 2:  Saída de Eduardo Pondal, 68. Fai as paradas da zona rural interior.

Ruta 3:  Saída da Praza de Galicia, 5. Fai a parada da Avda. de Vigo, 36.

 

Cabanas, 26 de febreiro de 2021

A Dirección

 

Distribuir contido


by Dr. Radut