Skip to Content

Blogue de crissap

OLIMPÍADAS DE ENTROIDO

Este ano no cole disfrazámonos de diversos deportes, xa que estamos a traballar as OLIMPÍADAS.

Los 10 mejores juegos de las Olimpiadas - Plarium

A intensa chuvia non conseguiu augarnos a festa e, como cada ano, reunímonos tod@s na casa verde de Salcedo. Alí interpretamos as nosas murgas, previamente preparadas na aula, con un gran sentido do humor e un chisquiño de crítica.

 

 

 

 

 

 

 

PASÁMOLO XENIAL!!!

Nas seguintes entradas do blog, poderedes ver o vídeo da MURGA de 5º e outras actuacións da aula.

 

MURGA 5º DE PRIMARIA

ACTUACIÓNS NA AULA

 

 

 

 

REGUEIFANDO NO COLE!!

 

Esta mañá tivemos a sorte de contar coa presenza de dous grandes regueifeiros do nosa terra, Lupe e Josinho, que nos achegaron a aula, con moito humor, a arte da improvisación oral en galego.

Comezaron regueifando en forma de diálogo entre eles, con un pouquiño de crítica humorística, e lograron nuns minutos sacar un sorriso de todos nós.

A continuación, explicáronnos a orixe das regueifas, que agora sabemos que están directamente relacionadas cos antigos casamentos. Ademais, aprendemos que en Galiza existen máis formas de improvisación oral relacionadas cos casamentos, como o Brindo, as Loias... e tamén outras formas improvisadas que se empregaban no entroido, como as Bombas ou os Atranques do Ulla...

Despois, explicáronnos os pasos que tiñamos que seguir para elaborar una regueifa e, como non, regueifamos coas nosas propias improvisacións.

Premede no vídeo e ollade o ben que o fixemos.

E para que Lupe e Josinho saiban a gran labor que fixeron esta mañá, dedicámoslle esta regueifa improvisada que cantou a nosa compañeira Marina tan pronto saíron pola porta.

 

Dende logo, deixáchedes unha gran pegada no alumnado de 5º

Grazas e ata outra ocasión!!

 

FELICITACIÓN NADAL

O alumnado de 5º desexámosvos unhas FELICES FESTAS e un PRÓSPERO ANO NOVO.

Agardamos que gocedes deste nadal con saúde e na mellor compañía.

ATA O VINDEIRO ANO!!

Distribuir contido


by Dr. Radut