Día da Poesía

21 de marzo

Como non podía ser doutro xeito, non podemos deixar de celebrar " O DÍA DA POESÍA", por iso vos deixamos aquí unha pequena escolma para que poidades compartir coas vosas familias.

(Agradecemos aos autores: Fernando González Graña, Sindo Villamayor, Xosé Luna e Rosalía Morlán que nos permitan facer uso das súas obras para desfrutar nestes tempos tan delicados).

Esperamos que sexan do voso agrado.

Día da poesía!

Celebramos o Día da POESÍA!!

Para conmemorar o DÍA DA POESÍA, achegouse ao noso cole o profesor xubilado e escritor estradense DAVID OTERO para realizar un obradoiro de poesía cos alumnos e alumnas de 3º, 4º, 5º e 6º. Gustounos moito a experiencia. Volveremos a repetila co alumnado de infantil, 1º e 2º.

MOITAS GRAZAS DAVID!

Día da poesía

O venres 3 de decembro na Estrada celebrouse o "Día da Poesía" e algúns nenos e nenas do noso cole foron recitar poesías recompiladas na nosa Biblioteca,e como non podía ser menos todas foran  escritas por mulleres .Todos e todas as alumnos e alumnas que recitaron, foron agasallados /as pola autora premiada no certame "Avelina Valladares",Rocío  Leira Castro, con un poemario de dita autora.

 

 

Celebramos o DÍA MUNDIAL DA POESÍA

O pasado 21 de marzo celebrouse o DÍA MUNDÍAL DA POESÍA, como foi sábado, no Cole celebrámolo o luns 23.

Preme aquí para acceder á mensaxe da Directora Xeral da UNESCO Irina Bokova.

cartel do día da poesía

Powered by Drupal - Design by artinet