O noso blog de Dinamización Lingüística
Artigos recentes
Blogue do EQUIPO DE NORMALIZACIÓN E DINAMIZACIÓN LINGÜÍSTICA | hai 14 anos 27 semanas |
Actividades sobre Roberto Vidal Bolaño para Educación Infantil e 1º Ciclo de Ed. Primaria | hai 11 anos 21 semanas |
Actividades sobre Roberto Vidal Bolaño para 2º Ciclo de Ed. Primaria | hai 11 anos 21 semanas |
Actividades sobre Roberto Vidal Bolaño para 3º Ciclo de Ed. Primaria | hai 11 anos 21 semanas |
Revista "Ollos de auga" | hai 9 anos 32 semanas |
Con máis retraso do agardado, publícase a revista escolar deste curso, que coma sempre recolle o relevante deste curso que remata. Ao igual ca no curso pasado, recordade que en moitas das reportaxes adxúntase un enlace a unha videomontaxe relacionada co artigo en cuestión. Esperemos que vos guste, e coas reiteradas desculpas pola demora na súa publicación, desexámosvos a todos unhas boas vacacións de verán. Para o ano máis e mellor!!
Adxunto | Tamaño |
---|---|
Pinguiñas 21-22.pdf | 136.33 MB |
Representación teatral a cargo do alumnado de 3º /4º do Ceip Cabada Vázquez, dun acto da obra de Fernando González Graña " A matanza clandestina"
Aquí vos amosamos un exemplo do nosos produto final do PDI "Natureza silvestre".
Acudimos á Festa das Palabras para acompañar aos gañadores e gañadoras desta novena edición do concurso de micropoemas e microrrelatos na que participan todos os centros educativos da Estrada.
Por fin puidemos asistir sen restricións a un acto moi bonito. PARABÉNS AOS PARTICIPANTES!!!
ESTE VÍDEO FOI CREADO POR GEMA, LÍA E RODRI DE 3º -4º
Mateo, Brais e África
Lara, Tiago e Carlos
Desde este ano, o día de Rosalía celébrase o 23 de febreiro por recentes achádegos da súa biografía que así o confirman. Para darlle a súa merecida homenaxe, aceptamos gustosamente a invitación que desde Radio Estrada e sobre todo Pilar Bernárdez no seu día nos fixo. Acudimos o propio día para participar xunto a outros centros da Estrada e levarlle a nosa versión da presenza de elementos da natureza silvestre na obra de Rosalía. Encargáronse tres rapazas da aula de 5º de primaria, Danna, Jamila e Fátima. Fixérono tan ben que convidámosvos a que desfrutedes co seguinte audio da súa intervención.
Adxunto | Tamaño |
---|---|
Día de Rosalía Radio Estrada 2022.mp3 | 14.72 MB |
Este curso, para conmemorar o día da Muller Traballadora (8 de marzo), tivemos a sorte de que Rosa Herráiz, Rosa de Cabanas para moita xente, aceptase a nosa invitación e viñese ao centro a presentar un fermoso traballo seu. Do 3 ao 17 de marzo, estará exposto na Casa das Letras da Estrada, unha exposición de 52 retratos de mulleres de relevancia en diferentes eidos que a autora elaborou o pasado ano, un por cada semana e usando diferentes técnicas gráficas.
A importancia da exposición garda moita relación coa necesidade de dignificar e divulgar as aportacións destas grandes creadoras, e poder comprender as dificultades e inxustas discriminacións que tiveron que sufrir ao longo das súas vidas profesionais.
MOITAS GRAZAS POLA VISITA!!
Neste curso, para celebrar por primeira vez o día de Rosalía o 23 de febreiro, participaron representando ao noso centro, Gema e Gorka nun acto moi fermoso na Teatro Principal. Levaron un poema de Cantares Gallegos e fixérono tan ben que o queremos compartir con toda a comunidade educativa.
Esta semana de entroido, visitounos David Otero, escritor e mestre veciño de Codeseda, que coa súa naturalidade e frescura ofreceulle ao alumnado de 1º 2º 3º e 4º , un sinxelo pero ameno obradoiro de poesía.
SEMPRE MOI AGRADECIDOS CONTIGO, DAVID!
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 2
- 3
- 4
- 5
- 6
- 7
- 8
- 9
- 10
- …
- seguinte ›
- última »