O Cabada Vázquez en Radio Codeseda

Experimentamos a radio un ano máis. Desta volta elaboramos unha cuña publicitaria grazas á colaboración do noso mestre en prácticas Alberto.  Desexamos que vos guste...  Logo desta pequena experiencia, gran parte do profesorado está convencido das posibilidades que esta potente ferramenta didáctica pode ofrecer a todo o alumnado do centro; de feito, neste momento tres docentes do centro están particpando nun curso de radio escolar.  As grandes vantaxes son moi importantes  tamén para o alumnado con dificultades na expresión oral, na fluidez verbal, na escoita activa...  Sen embargo, a grande desventaxa coa que nos atopamos é que o equipamento básico co que esta actividade se puido levar a cabo, pertence na súa totalidade, ao mestre de prácticas citado anteriormente, Alberto Pereiras, que con moito interese e xenerosidade se ofreceu para sacar adiante esta iniciativa. É por iso polo que nun futuro, próximo, xa neste curso, nos gustaría atopar a posibilidade de conseguir ese equipamento para poder desenvolver e implementar unha radio escolar no noso centro.  

AdxuntoTamaño
Publicidade Radio Aarón_Marco_Xiana.mp31005 KB
Publicidade Radio Anxo_Raja_Xurxo.mp31.33 MB
Publicidade Radio Carla_Martiño_Junior.mp31.1 MB
Publicidade Radio Noemi_Pablo_Xoán.mp3877.25 KB
Publicidade Radio Rodrigo_Adrián_Aarón.mp31.13 MB

Powered by Drupal - Design by artinet