Benvid@ 2016/2017

Ola todas e todos,dende a biblioteca do noso cole queremos darvos a benvida ao novo curso e amosarvos a gran festa que fixemos con motivo do inicio do curso.

Primeiro fomos ás clases para coñecer e saudar aos profesores e aos novos compañeiros.

A continuación ,e mentres os máis pequenos disfrutaban dunha animación a cargo de Cristina Collazo, os demáis participamos por equipos en xogos tradicionais(algo que nos encanta).

Despois foi o turno dos xogos para os peques e nós fomos á biblioteca para a sesión de Cristina ,quen conseguíu que a nosa imaxinación voase ,que a nosa timidez non existise por un anaco e que rísemos e disfrutáramos durante todo o tempo que nos acompañou.

Ao final da mañán tivemos unha sesión de karaoke ,coa que nos divertimos cantando e bailando os temas musicais máis actuais.

 

Ímosvos amosar algunhas fotos que dan conta do magnífico comenzo de curso.

 

      A ENTRADA DO COLE ESTABA PRESIDIDA POR UNHA GRAN MULLER.

                                                      

 

 

 

 

 

             FIXÁDEVOS A ATENCIÓN QUE ESTAMOS PRESTANDO!

 

 

   AOS MÁIS PEQUENOS,TAMÉN LLE GUSTABA,VERDAD?

 

 

 

 

 

Powered by Drupal - Design by artinet