Ola familias!!
Os nenos e nenas da aula de 3 anos, a partir deste venres, imos levar a NUBA e o LIBRO VIAXEIRO á casa para pasar a fin de semana con nós.
No LIBRO VIAXEIRO podedes contarnos con texto, debuxos e/ou fotografías o ben que o pasou NUBA na nosa casa!!
É moi importante que NUBA regrese ao cole o LUNS. O libro aínda tendes ata o XOVES para devolvelo.
Lembrade qua hai 11 nenos e nenas esperando por NUBA e o libro.
Conto coa vosa colaboración xa que esta é unha actividade que lle fai moita ilusión aos nenos e nenas.
Se un neno ou nena non asiste á escola o día que lle toca levar a NUBA pode vir alguén a recollela.
Por favor, respectade a data de devolución, hai 11 compañeiros/as agardando pola mascota e o libro.
Saúdos.
Agustín
Premendo aquí ou no arquivo adxunto podedes ver as datas en que NUBA e LIBRO VIAXEIRO van á vosa casa.
Adxunto | Tamaño |
---|---|
calendario LIBRO VIAXEIRO2.pdf | 35 KB |